Manuel Canosa Santamaría


Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 30 de xullo de 1950
Lugar de Nacemento: Cee (A Coruña)

   Cultura
 Currículum

Profesor de Tecnoloxía da ESO no Instituto “Fernando Blanco” de Cee (A Coruña).
Escultor autodidacta, que utiliza preferentemente a madeira para a realización das súas obras aínda que tamén utiliza outros materiais como metais e marfil.

 Obras realizadas

OBRAS: Destacan fundamentalmente as seguintes obras de madeira: ‘A Virxe da Xunqueira’ (4 pezas), ‘Elegancia morena’, ‘A pinga da vida’, ‘Juan Pablo II’, ‘San Antón’, ‘Venus galega’, ‘A Virxe nena’, ‘Crucifixo’, Busto da súa dona, Busto dun pensador, 4 baixorrelevos (Ana, María, Concha e moza amazona), Escudo de Cee, ‘A moza do laúde’, Marco de espello, Marco de fotos de parede, ‘Neno sobre o coxín’, ‘Orla universitaria’, ‘Rexorde o amencer’, ‘A polbeira’, Tronco de símbolos, Tronos para imaxes, Marco da placa dun testamenteiro do benfeitor Fernando Blanco, revisteiros, maceteiros...
Das obras feitas en diferentes metais destacan as Coroas.
Tamén esculpe diferentes figuras de pequeno tamaño.

EXPOSICIÓNS: En Cee (A Coruña) en tres ocasións, con motivo da Mostra de Artesanía e a Semana Cultural. En Guitiriz (Lugo), na Festa da Música e da Arte. En O Couto, Ponteceso (A Coruña) co motivo da Festa das Letras e da Arte. En Cabana, Ponteceso (A Coruña), na Exposición de Artesanía.

 Outros datos de interese

CRÍTICA DE PRENSA: La Voz de Galicia dá conta da súa obra en notas editadas nestes datas: 14.07.88, 15.07.88, 19.07.88, 26.07.88 (análise da súa traxectoria), 26.04.89, 20.05.90, 12.08.90, 14.08.90, 17.08.90, 18.08.90, 31.05.91 (entrevista), 06.06.91 (fotografía dalgunha peza), 22.09.98 (fotografía de pezas), 04.08.04…