Manuel Becerra Bermúdez


Categoría: Enxeñeiro civil
Data de Nacemento: 20 de outubro de 1820 (†19 de decembro de 1869)
Lugar de Nacemento: Castro de Rei (Lugo)
 Currículum

De neno trasladouse a Lugo, onde residiu ata 1844 e realizou os primeiros estudios. Uns anos despois superou o exame de ingreso na Academia de Enxeñeiros Civís en Madrid, onde obtivo a titulación de Enxeñeiro Civil. En Madrid lograba sobrevivir dando clases de matemáticas, aínda que nunca se soubo onde realizou os estudios desta materia. Politicamente de ideas revolucionarias, participou nos disturbios políticos de marzo e maio de 1848. Estivo preso en varias ocasións e noutras viuse forzado a marchar ó estranxeiro para poder evitar represalias. Participou activamente nos movementos revolucionarios da época. Durante o bienio 1854-1856, mandou unha compañía no terceiro batallón de Milicias de Madrid. Volveu a dedicarse ó ensino por espacio dunha década. En 1866 uniuse ó xeneral Prim, tomando parte activa na contenda e foi condenado a morte, escapando a Francia onde estivo exiliado ata que se iniciou a revolución de setembro de 1968.

 Obras realizadas

Foi colaborador, entre outros, dos xornais: La Tribuna del Pueblo, El Pueblo, La Discusión e La Democracia. A súa obra máis importante é Imperio Ibérico.

 Outros datos de interese

Manuel Becerra é considerado o “Pai da ximnasia oficial", pois foi o verdadeiro iniciador da Educación Física. Sobre o de-porte escribiu a obra titulada Tratado Racional de la Gimnásti-ca y de los Ejercicios y Juegos Corporales, editada en Madrid no ano 1893. Manuel Becerra foi presidente da Sociedade Ximnástica Española e promotor da Escola Central de Ximnasia. En 1888 foi nomeado, pola Deputación Provincial de Lugo, fillo Predilecto e fillo Preclaro. Foi tamén membro de número da Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.