Manane Rodríguez


Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Foi directora ou realizadora das seguintes películas: 2006. “Un Cuento Para Olivia” (España), producido por Xamalú Filmes S.L. (en postprodución). 2005. “Un ajuste de cuentas” (España), producido por Xamalú Filmes S.L. (en fase de postprodución). 2001. “Los Pasos Perdidos” (España - Arxentina), producido por: Anola Films, Atlanta P.C. e Alfa Visión S.R.L e distribuída por U.I.P. Presentouse á 46ª Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci) na sección oficial a concurso. Recibiu mención especial do xurado da Fipresci. 1996/97. “Retrato de mujer con Hombre al Fondo”, producido por Aventura Producciones e distribuído por Wanda Films. Foi seleccionada para os Premios Goya (1997). Conseguu o premio á Actriz Revelación (Paulina Gálvez) e no Festival de Cine de Peñíscola (1998) obtivo o Premio Calabuch á mellor Ópera Prima. 1992. “Golpe a golpe” (curtametraxe). No Festival de Cine realizado por mulleres (Madrid, 1992) recibiu o premio outorgado polo público. 1990. “Juego de Café” (curtametraxe). Recibiu o Premio Luis Buñuel de Cinematografía (1990) e os Premios “Villa de Madrid”. Para vídeo ou televisión dirixiu ou realizou os seguintes traballos: 2002/03: Memorias do Inferno. Documental. 2003: Vídeos para o DVD de “El Alquimista impaciente”, de Patricia Ferreira. 1999: “Aeropuertos”, Documental. 1997/98: “¿Quién sabe dónde?” (TVE1). 1997: “Los Goya: Premios de Cine”, Documental, TVE - Programa Especial (emitido antes da entrega dos Premios Goya 1997). 1996: “El Sexismo en el lenguaje”. Ficción/Documental, vídeo educativo para o Instituto da Muller / Casa da Muller de Alcobendas. 1994: “Rara Avis” Documental. 1992/99: Realizadora de vídeos institucionais e industriais para Kotler-James, Tele-program SL, TCM, Concello de Alcobendas, SCP, etc… 1991: “A pie de página” (TVE1), serie de 19 reportaxes.

 Obras realizadas

É autora dos seguintes guións: 2003: “Penélope” (en proceso de escritura). 2001: “Un Cuento para Olivia”, escrito en colaboración con Xavier Bermúdez. 2000: “Los pasos perdidos”, escrito en colaboración con Xavier Bermúdez. 1999: “Máximo”, escrito en colaboración con Xavier Bermúdez. 1996: “Retrato de mujer con hombre al fondo”, escrito en colaboración con Xavier Bermúdez e Antonio Larreta. 1994: “Rara Avis” (documental), escrito en colaboración con Xavier Bermúdez e Carlos J. Rodríguez. 1992: “Golpe a golpe” (curtametraxe), escrito en colaboración con Nelson Marra. 1990: “Juego de Café” (curtametraxe), baseado no relato “Los Pocillos” de Mario Benedetti. 1987/90: “El Mirador” (TVE2) (Informativo cultural de emisión diaria. Redactora / Guionista. “¿Pero esto qué es? (TVE1). Magazine.

 Outros datos de interese

Traballou na obra de teatro “Non se che faga tarde” (2006). Entre os anos 2000-2005 realizou diversos cursos de interpretación cinematográfica en distintas cidades españolas e foi membro de varios xurados de festivais de cine e vídeo. Entre 1986-87 traballa como axudante de vestiario nas seguintes longametraxes: “Calé” dirixida por Carlos Serrano; “Luna de Lobos” dirixida por Julio Sánchez Valdés e “Moros y Cristianos” dirixida por Luis G. Berlanga. Conseguiu os seguintes premios: 'Cóndor de Plata' (2001 Argentina); VII Festival ‘Cinespaña’ de Toulousse (2002), Premio Especial ‘Cinespaña’ e Premio do Público e Targa de Prata (Outorgada polo Xurado Internacional) no X Festival Internacional de Cine de Mulleres de Turín (2003).