Mª Otilia Seijas García


Categoría: Mestra e escritora
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

É diplomada en Ciencias da Educación e Especialista en Preescolar e Filoloxía Francesa. Exerceu como mestra en aldeas e vilas da provincia de Lugo, onde aprendeu a realidade viva de Galicia e desenvolveu unha clara sensibilidade e capacidade de percepción. O obrigado relato cotián de contos, historias e anécdotas ós seus alumnos de preescolar, desenvolveron a súa inventiva, converténdose nunha prosista de linguaxe sinxela e penetrante.

 Obras realizadas

Ademais da súa actividade como columnista de El Correo Gallego e colaboradora esporádica de El Progreso e La Voz de Galicia no espacio “Relatos de Verán”, é autora de novelas como "Viudas de vivos", "Buceando no pasado", "Hijos del poder", "Égida", "Ninguén suspira por ela", en galego e castelán, "Era no era" e "Escoitar o silencio".

Recentemente publicou 'Cuentos del cuarto azul' da Editorial IR INDO.

As súas obras máis recentes son "Los amigos lejanos" e "Cuentos de pocas lunas", libro de contos para nenos.

Ademais, foi pregoneira en varios pobos da provincia de Lugo, relatora e presentadora de actos humanitarios e culturais.

 Outros datos de interese

O oito de setembro do ano 2006, o Foro Universitario Europeo Reyes Católicos concedeulle a Medalla de Ouro ó labor literario.

Recibiu ademais outras distincións, entre as que destacan a medalla de ouro da Cruz Vermella, a cuncha da Enxebre Orde da Vieira, Dama da Serenísima Orde da Alquitara e Dama da Orde do Camino de Santiago. Está casada con Víctor Manuel Vázquez Portomeñe e é nai de tres fillos.