Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Pertence ó Corpo Técnico de Administración xeral do Excelentísimo Concello de Vigo, no que ingresa no ano 1966, prestando os seus servicios, en primeiro lugar, na asesoría xurídica municipal, e ostentando durante sete anos, ata 1985, a xefatura do sector de Urbanismo deste concello. En 1985, obtén por concurso-oposición a praza de letrado-asesor do Excelentísimo Concello de Pontevedra, que ven desempeñando actualmente.No ano 1991 é nomeado secretario Xeral Técnico da Consellería de Traballo, posto que desempeña hasta finais de 1994. Participou activamente en Xornadas, Cursos, Seminarios, Mesas Redondas, etc... sobre temas xurídicos, máis concretamente, de dereito público, e especialmente de dereito urbanístico.