Nacida en Vigo, na casa dos avós maternos, foi bautismada na parroquia de Santiago de Vigo. Ós poucos días de nacer lévana a Cangas onde vivían os seus pais dende que casaran.
Pasa a infancia en Cangas, indo a Vigo a casa da familia, e dos avós e máis tarde para estudar o bacharelato na Institución Teresiana de Vigo.
Cursa estudos de inglés, Información e Turismo e Ciencias da Educación.
Despois de casar fica en Vigo co seu home, disfrutando de moitas estadías en Cangas, na casa dos seus pais. Considérase unha canguesa máis, asemade dunha viguesa de feito. O mellor xeito de nomear a súa procedencia sería considerarla unha muller da Ría.
É mestra nacional dende o ano 1982, na especialidade de Filoloxía Española e Francesa. Traballou ó mesmo tempo: a laboura literaria, a vida da familia e da escola.
Dende moi nova comeza a interesarse polo mundo da literatura e escritura. Escribo para ella mesma en castelán, e en galego a partires dos dezaseis anos, sendo os seus guieiros na lingua galega, Rosalía de Castro, Franco Grande e Carballo Calero, poetas cuia obra coñeceu mercándoa cos seus aforros mozos e minguados.
Aproveitando a viaxe no vapor Cangas-Vigo, para estudar o preuniversitario, topa en José María Castroviejo o seu tradutor.
A linguaxe culta e enxebre da expresión dos seus recén descubertos escritores, Franco Grande e Carballo Calero, non era doada de comprender para os que falaban o galego de Cangas naqueles anos. No ano 1966 preparou os seus poemas para o certame Literario que se convocaba en Santiago de Compostela. Mecanografiou os poemas nun sobre ben enchido na man, non foi quen de mandalo ó correo por medo a que lle dixeran que a súa obra non tiña calidade. Así seguíu a escribir somentes para ela ata o ano 2003 no que motivada polos cartos foi ó certame do PEN Club e non gañou, claro, máis iso valeulle para espir a súa alma ó público.
Por pura casualidade publicouse o primeiro libro; logo o segundo e do mesmo xeito o terceiro.
No ano 2005 publica a súa primeira obra, 'O fume do loureiro', poemario financiado pola Deputación de Pontevedra.
Prestou colaboración en distintas revistas como 'ANFACO' (Asociación de Fabricantes de Conservas), na que se publicou un artigo seu sobre o procedemento e manipulación do peixe para a fabricación en conserva, escrito en castelán.
En prosa en galego, de xeito etnográfico e mariñeiro, para a revista 'Mar de Noia'.
En 2006 pasa a formar parte do colectivo de escritores nun recompilatorio, 'Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte', coordinado por Xesús Alonso Montero, Xerais (2006).
En 2007 inclúese co poema de Alexandre Bóveda, nunha obra que recolle a produción literaria en Galicia dende o 'Rexurdimento ata nosos días', Pontevedra literaria, editada polo Concello do Lérez.
En 2010 publica, a través da Deputación de Pontevedra, o poemario 'O vento do Noroés'.
Entre as últimas inclusións líricas atópase 'O Padre Seixas desde dentro', de Manuel Cabada Castro, publicado por Sept. (2013), e 'Pregoeiro da Irmandade', Sept. (2015).
No remate do 2015, por unha casualidade, coñece en Parada, aldea fermosísima de Silleda, a Manuel Núñez, editor de Fervenza. Ámbolos dous acordan levar adiante un novo proxecto poético adicado ós rapaces, 'Un globo de novelos', ilustrado polo pintor Raúl Velloso. Estes poemas estaban feitos casique na súa totalidade dende o ano 2003 pois presentárase ó certame de poesía Arume, da Fundación Neira Vilas; premio que non gañou.
Este poemario, saíu do prelo no mes de San Xoán de 2016.
Arestora, está a traballar nun libro de relatos que probablemente publicará algunha das dúas editoriais que mostraron interese por él: Fervenza de Silleda e Elvira de Vigo.
En poesía ten moita obra tanto en galego coma en castelán; en verso e en prosa unhas cartas a súa primeira neta, cando estaba no berce da súa nai, ós seis meses de xestación.