Luma Gómez


Categoría: Actriz
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Actriz cunha longa e prolífica carreira profesional, traballou en diversas compañías teatrais, así como en múltiples montaxes do Centro Dramático Galego en papeis protagonistas. Fixo importantes papeis cinematográficos con productoras do Estado e de Galicia. É actriz habitual en programas e series da T.V.G. Comezou a súa actividade teatral en 1969, sendo cofundadora das compañías teatrais: ‘TEATRO ZOO’ de Madrid (1970 a 1977), ‘TEATRO ANDRÓMENA’ de Santiago de Compostela (1979), ‘TEATRO DO ESTARIBEL, COOPERATIVA TEATRAL GALEGA’ (1980-1981) e ‘TEATRO DO NOROESTE’ (1991). Foi membro dos grupos de teatro afeccionados: ‘TEATRO-ESTUDIO’ de Ferrol (1969) e ‘TALIA’ de Ferrol (1970), e do grupo profesional ‘LA PICOTA’ de Madrid (1977).

 Obras realizadas

Como actriz de televisión, realizou os seguintes traballos: actriz de dobraxe en diversas series e películas para T.V.G. durante os anos 1985, 1986 e 1987, no programa ‘A NOITE MEIGA’ (1987), ‘O ENFERMO IMAXINARIO’, Dramático de T.V.G. (1986), na serie televisiva ‘SERVICIO DE URXENCIAS’ do programa ‘VELAÍ’ de T.V.G., papel coprotagonista (1989), ‘OS XUSTOS’, Dramático de T.V.G. (1991), participación nun capítulo da serie de TVE ‘CELIA’, dirixida por José Luis Borau (1991), ‘UN SOÑO DE VERÁN’, Dramático de T.V.G. (1992), ‘UNHA ROSA É UNHA ROSA (UNHA COMEDIA DE MEDO)’, Dramático de T.V.G. (1997), ‘PRATOS COMBINADOS’, serie de T.V.G. (1996) e ‘A FAMILIA PITA’, serie de T.V.G. (1997).
Como actriz de cine realizou os seguintes traballos: coprotagonista no papel de ‘Marica da fame’ na película ‘EL BOSQUE ANIMADO’ producida por Classic-Films, dirixida por José Luis Cuerda e con guión de Rafael Azcona sobre o libro do mesmo título de Fernández Flórez (1987), protagonista no papel de ‘Urxa’ na película ‘URXA’ de Carlos Piñeiro e Alfredo Pinal (1989), ‘EL JUEGO DE LOS MENSAJES INVISIBLES’, película producida por Atlántico Films e dirixida por Juan Pinzás (1991) e ‘LA LEYENDA da DONCELLA’, película producida por Atlántico Films e dirixida por Juan Pinzás.
Como actriz de teatro interveu, entre outros, nos seguintes espectáculos teatrais: ‘O ENFERMO IMAXINARIO’ de Molière (Centro Dramático Galego, 1986), ‘MEDEA’ de Eurípides-Séneca-Anouilh (Produccións do Noroeste de Santiago de Compostela, 1987), ‘GALICIA, S.L.’, espectáculo realizado coa colaboración dos autores: Manuel Rivas, Antón de Santiago, María Xosé Queizán, Manuel Guede, Xesús Campos, Antonio F. Simón e Lino Braxe (Teatro do Malbarate-Produccións do Noroeste de Santiago de Compostela, 1988), ‘AS ALEGRES CASADAS’ de William Shakespeare (Centro Dramático Galego, 1989), Premio ‘Compostela’ en 1990 ó mellor espectáculo teatral realizado no ano anterior, ‘REI LEAR’, de William Shakespeare (Produccións do Noroeste de Santiago de Compostela, 1990), ‘OS XUSTOS’, de Albert Camus e traducción de X.M. Beiras (Produccións do Noroeste de Santiago de Compostela, 1991), ‘UN SOÑO DE VERÁN’, de William Shakespeare (Centro Dramático Galego, 1992), ‘A GRANDE NOITE DE FIZ (OU CHEGAN DE FRANCIA NOTICIAS PREOCUPANTES)’, de Miguel Anxo Murado (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 1992), ‘GALILEO GALILEI’, de Bertolt Brecht. (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 1993), ‘AS VODAS DE FÍGARO’, de Caron de Beaumarchais (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 1994), ‘MACBETH’, de William Shakespeare, en traducción ó galego de Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 1994), ‘HISTORIAS PEREGRINAS’, de Miguel Anxo Murado (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 1995), ‘NOITE DE REIS’, de William Shakespeare (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 1996), ‘UNHA ROSA É UNHA ROSA, UNHA COMEDIA DE MEDO’, de Suso de Toro (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 1997), ‘LIGAZÓN’, de Ramón Mª del Valle Inclán (dentro da montaxe teatral VALLE INCLÁN / 98, Centro Dramático Galego, 1998), ‘LAS GALAS DEL DIFUNTO’, de Ramón Mª del Valle Inclán (dentro da montaxe teatral VALLE INCLÁN / 98, Centro Dramático Galego, 1998), ‘EL EMBRUJADO’, de Ramón Mª del Valle Inclán (dentro da montaxe teatral VALLE INCLÁN / 98, Centro Dramático Galego, 1998), ‘EU ESTABA NA CASA E AGARDABA QUE VIÑESE A CHUVIA’, de Jean-Luc Lagarce (Centro Dramático Galego, 1999), ‘FEIRANTES’, versión escénica de Eduardo Alonso sobre algúns textos de Álvaro Cunqueiro recollidos en ‘Os outros feirantes’ (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 1999), ‘CELESTINA, COMEDIA DOS TOLOS AMORES DE CALISTO E MELIBEA’, versión de Eduardo Alonso (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 2000), ‘O PAÍS ACUÁTICO’, teatro infantil de Eduardo Alonso (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 2000), ‘ALTA COMEDIA’, de Eduardo Alonso (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 2001), ‘CAMPO SUR’, de Lino Braxe (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 2002), ‘AS DAMAS DE FERROL’, de Eduardo Alonso (Teatro do Noroeste de Santiago de Compostela, 2002), ‘O VELORIO’, de Francisco Taxes (Centro Dramático Galego, 2003) e ‘ENSAIO’, de Eduardo Alonso (Teatro do Noroeste de Compostela, 2004).