En 1977 ingresa na Escola Superior de Belas Artes Sant Jordi (Barcelona) obtendo a licenciatura en 1982 e conseguindo unha bolsa de paisaxe na "Fundación Rodríguez Acosta" de Granada. En 1985, ingresa no corpo de profesores agregados de instituto e exerce desde 1988 no I.E.S. Ánxel Fole de Lugo.
Realizou as seguintes exposicións: Exposición colectiva en la Sala ‘Comelles’ (Sabadell, 1981); exposición colectiva na Sala ‘Kreiser’ (Barcelona, 1982); exposición individual na Sala ‘Caixa Vigo’ (Vigo, 1990); exposición individual na Sala da Deputación de Lugo (1992); exposición na Sala ‘BBV’ (Ponferrada, 1993); exposición no Casino de León (1993); exposición colectiva na Sala ‘Obelisco’ (A Coruña, 1995); exposición colectiva na Sala Apolo (Lugo, 1996); exposición colectiva na Sala Obelisco (A Coruña, 1998); exposición colectiva na Sala ‘Alameda’ (Vigo, 1999 e 2001); exposicións na Sala ‘M.C.’ (Santiago de Compostela, 2000 e 2001); exposición individual na Casa da Cultura (Burela) e exposición individual na Galería Amararte (Lugo). En 1999 realizou ilustracións para o xornal El Progreso sobre textos de Xosé Miranda.
No 1991, Premio "José Domínguez Guizán" (Begonte, Lugo). No 1993, Premio "Agrupación Xermolos" (Guitiriz, Lugo). En 1994 foi finalista no "Certame de Pintura" do Concello de Cambre, accésit no 2º Certame de Pintura Rápida Cidade de Lugo e no 2002, finalista no Certame de Pintura do Concello de Cambre. No 2010 acada o Premio do Certame Galego de Arte 'José Domínguez Guizán' (Begonte, Lugo).