Luis Iglesia Besteiro


Categoría: Actor
Data de Nacemento: 2 de febreiro de 1962
Lugar de Nacemento: Riotorto (Lugo)
 Currículum

Actor e director de dobraxe desde 1986, é a voz habitual de Harrison Ford, Paul Newman, Robert de Niro, Garfield e a rá Gustavo, entre outros.
Como docente, deu diversos cursos de dobraxe (introdución e perfeccionamento) para a Fundación Araguaney e para o Consorcio Audiovisual de Galicia e Aisge. Foi docente nos cursos de “Experto en lingua oral para os medios de comunicación”, organizados por CRTVG, ILG, Facultade de Filoloxía (Departamento de Filoloxía Galega) da USC e colaborador nos “Obradoiros de prácticas escénicas” no módulo de locución e dobraxe organizados polo Consorcio Audiovisual e a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Como locutor, realizou múltiples campañas de publicidade para marcas como Estrella de Galicia, Caixanova, Caixa Galicia… Ademais, participou como locutor en máis de mil documentais, unha boa parte deles de produción galega. Dous anos como voz institucional do Grupo Voz.

 Obras realizadas

TEATRO:
2006: “A ópera d’a Patacón” musical (R. Vidal Bolaño), Teatro do Aquí. Direction: Marcos Orsi. Co-protagonista (Sr. Penchum, “Tigre”, Brown, Sr. Cox).
2004: “Camiño longo” – musical (Lois Rei), Teatro do Aquí. Direction: Xoán Carlos Mejuto. Co-protagonista (Sánchez Peña).
1999: “Xelmírez ou a gloria de Compostela” (Daniel Cortezón), C.D.G.. Direction: R. Vidal Bolaño. Co-protagonista (Gurdesíndez).
1998: “Rastros” (R. Vidal Bolaño), Teatro do Aquí. Direction: R. Vidal Bolaño. Co-protagonista (Moncho).
1993: “Non se chora” (Roberto Cossa), Teatro do Atlántico. Direction: Xulio Lago. Co-protagonista (Pedro).
1991: “Pedro e o capitán” (Mario Benedetti), Maxia Vermella. Direction: Fernando Morán. Protagonista (Capitán).
1990: “Maxia vermella” (Michel de Ghelderode), Maxia Vermella. Direction: Fernando Morán. Secundario (Capitán).

CINE:
2005: “Heroína”, Tornasol films / Continental Producciones. Direction: Gerardo Herrero. Secundario (Juanjo Fariñas).
2004: “A promesa”, Pórtico de Comunicaciones / Tesea P.C.. Direction: Héctor Carré. Secundario (Psiquiatra).
2003: “O agasallo de Silvia”, Lorelei Producciones / El Medano Producciones / Ignacio Benedetti Cinema S.L.. Direction: Dionisio Pérez Galindo. Reparto (doutor).

CINE PARA TELEVISIÓN:
2005: “Pataghorobi”, Ficción Producciones / TVG. Direction: Ricardo Llovo. Reparto (home bar).
2003: “Cota vermella”, Zénit TV / Filmax TV. Direction: Jordi Frades. Secundario (Primeiro oficial) e “A rosa de Alexandría”, Voz Audiovisual / Institut de Cinema Catalá. Direction: Rafael Moleón. Secundario (Ginés).
2002: “Autopsia”, Pausoko S.A. / I.J.V. Comunicación. Direction: Milagros Bará. Secundario (O Rubio).
2001: “Entre Bateas”, Costa Oeste / 3koma93. Direction: Jorge Coira. Reparto (Policía).

TELEVISIÓN:
2009: "Os Matalobos" (serie). Dirección: Toño López e Jorge Saavedra. Protagonista, Carmelo Matalobos.
2006: “Bassir & Karpin” (documental biográfico), Ibisa TV-TVG. Director: Valentín Carrera. Presentador-locutor.
2005: “Libro de familia” (serie), El Correo Gallego. Director: Marta Piñeiro. Secundario (Soutomayor) cap. 60, 62, 63 y 64.
2004: “As leis de Celavella” (serie), La Voz de Galicia-TVG. Director: Jorge Coira e Carlos Sedes. Secundario (Marcial Iglesias), cap. 32.
2003, 2002 e 2001: “Terra de Miranda” (serie), Voz Audiovisual-Zopilote-TVG. Director: Chema Gagino, Jorge Coira e Emilio McGregor. Co-protagonista (Antón), 56 capítulos.
2001-2000: “Un mundo de historias” (serie). Pórtico de Comunicaciones-TVG. Director: Antón Dobao. Protagonista (Hadrián Castiñeira / Pai).
1997: “Cousa, Cousiña” (programa concurso), Gestmusic-TVG. Presentador.
1987: “Rapaces” (programa infantil), TVG. Co-presentador (Don Rufo).

CURTAMETRAXES:
2007: “O máis rico do cemiterio” (Eva Quintas e Paula Acuña). Director: Jorge Fernández. Secundario (Gustavo) e “Palíndromo” (Natalia Quintas e Paula Acuña). Direction: Eva Quintas. Secundario (Profesor).
2006: “Premio” (Eva Quintas). Direction: Eva Quintas. Secundario (Profesor).
2003: “A teoría do espello”, Lorelei Producciones. Director: Pedro Corredoira. Protagonista (Lucio) e “Nai que non fuches”, Mr. Bz. Producións. Director: Manuel Macou. Protagonista (Home).
2002: “Ruleta”: E.I.S A Coruña. Director: Helena Saá. Protagonista (Beltrán).
2001: “Xinetes na tormenta”, Pórtico de Comunicaciones. Director: Ricardo Llovo. Co-protagonista (patrón de pesca).

PUBLICIDADE (IMAXE):
2004: “Non desherdes a túa lingua”, Uqui Cebra.
2003: Larsa “Volve á Orixe”, Continental Producciones. Director: Ramón Costafreda.