Luis Gregorio Ramos Misioné


Categoría: Piragüista
 Currículum

Tras deixar o Equipo Olímpico Español en 1984, continúa en 1985 e 1986 competindo co Club e o Equipo Español de Maratón, conseguindo catro medallas de ouro en 1985 nos Campionatos de España e o cuarto posto no Campionato do Mundo en Luxemburgo. En 1986 consegue catro medallas de ouro no Campionato de España e o terceiro posto no Campionato do Mundo de Maratón en Oporto (Portugal). Durante estes anos gaña tamén a maioría das regatas do calendario nacional como o Descenso Internacional do Sella, que consegue gañar por cuarta vez. Durante o período 1987-1991 foi entrenador do Equipo Español de Maratón, participando en Campionatos de España, do Mundo e de Europa, entrenador do Equipo Olímpico Español-B, participando en Campionatos de España e competicións internacionais, entrenador da Escola Lucense de Piragüismo e entrenador da Escola de Piragüismo do Club Fluvial de Lugo. Na actualidade é directivo do Club Fluvial de Lugo, onde é o delegado da Sección de Piragüismo, director da Escola de Piragüismo do Club Fluvial e vicepresidente da Federación Galega de Piragüismo. Ademais, é membro da Asociación Olímpicos Españois e da Asociación Olímpicos Galegos. Traballa como funcionario da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

 Obras realizadas

Participou nos seguintes campionatos cos seguintes resultados:

Olimpiadas: -Montreal (Canadá) 1975: 2º posto en K-4 – 1000 metros (medalla de prata). -Moscú (Rusia) 1980: 3º posto en K-2 – 1000 metros (medalla de bronce): -Los Ángeles (Estados Unidos) 1984: 6º en K-4 – 1000 metros (diploma olímpico).

Campionatos do mundo: -Tampere (Finlandia) 1973: 6º en K-1 – 1000 metros, a 2” do primeiro K-1. Foi o primeiro español que pasou unha final nun Campionato do Mundo. -México 1974: 4º en K-1 – 1000 metros e 4x500 metros, en K-4 – 1000 metros e en K-2 – 10000 metros. -Belgrado (Iugoslavia) 1975: 1º en K-4 – 1000 metros (campión do mundo – medalla de ouro), 3º en K-1 – 4x500 metros (terceiro do mundo – medalla de bronce) e 4º en K-4 – 10000 metros. -Sofía (Bulgaria) 1977: 3º en K-4 – 500 e 1000 metros (terceiro do mundo – medalla de bronce). -Belgrado (Iugoslavia) 1978: 2º en K-4 – 500 metros (segundo do mundo – medalla de prata), 3º en K-4 – 1000 metros (terceiro do mundo – medalla de bronce) e 4º en K-2 – 10000 metros. -Duisburgo (Alemaña) 1979: 3º en K-2 – 10000 metros (terceiro do mundo – medalla de bronce) e 4º en K-4 – 1000 metros. -Notingham (Gran Bretaña) 1981: 4º en K-2 – 1000 e 10000 metros. -Belgrado (Iugoslavia) 1982: 3º en K-2 – 1000 metros (terceiro do mundo – medalla de bronce) e 4º en K-2 – 10000 metros. -Tampere (Finlandia) 1983: 5º en K-4 – 500 metros e 6º en K-4 – 1000 metros.

Campionato do mundo de Maratón: -Amsterdam (Holanda) 1981: 1º en K-2 (medalla de ouro). -Luxemburgo 1985: 4º en k-2. -Oporto (Portugal) 1986: 3º en K-2 (medalla de bronce).

Campionatos de Europa: Unha medalla de ouro, dúas medallas de prata e seis medallas de bronce.

Xogos do Mediterráneo: Split (Iugoslavia) 1981: 1º en K-1 – 1000 metros, en K-2 – 1000 metros e en K-4 – 1000 metros.

Campionatos de España: Foi 60 veces campión de España (medalla de ouro).

Campionato de México Abierto: 1º en K-4 – 500 metros, en K-2 – 500 e 1000 metros e en K-1 – 1000 metros.

 Outros datos de interese

Recibiu os seguintes galardóns e recoñecementos: mellor deportista español absoluto (1979), mellor deportista español junior absoluto (1969), mellor deportista lucense durante dezaoito anos seguidos, Real Orde ó mérito deportivo nacional, medalla ó mérito deportivo nacional, medalla ó mérito deportivo do Comité Olímpico, medalla de prata de Galicia, medalla ó mérito piragüístico nacional, medalla ó mérito do club fluvial de Lugo, medalla ó mérito do Club Ancares, medalla ó mérito deportivo lucense, insignia de ouro do Club Deportivo Lugo, ‘Ya de oro’ ós valores humanos, pala de honra da Federación Galega de Piragüismo, 180 veces internacional con España, elixido entre os cinco mellores deportistas galegos do século XX e unha rúa na cidade de Lugo co seu nombre.