Ós oito anos empezou a estudiar Música co mestre Juan Molina. Cando tiña dez anos matriculouse por primeira vez no Conservatorio Superior de Música de Alicante (Óscar Espla). Ós dezasete anos estaba en posesión do título de grado medio de trompa. Con dezasete anos marchou a Valencia para poder consegui-lo título superior, ó mesmo tempo que estudiaba harmonía, contrapunto e fuga. Cando contaba vintedous anos xa finalizara o título superior de trompa. Foi músico da Banda Municipal de Castellón e sacou por oposición unha praza de suboficial de bandas militares. Ós vintetrés anos acabou o título superior de harmonía, contrapunto, fuga, composición e instrumentación. Foi profesor dos Conservatorios de Pontevedra, Vigo, Santiago e Lugo. Ós vinteoito anos finalizou o título de dirección de orquestra. Ten estado como director titular das Bandas de Rianxo, Marín, Vilagarcía, Quiroga e Lugo.
É autor dun libro de trinta e dous preludios para piano que editou a Deputación Provincial de Lugo, outro libro de fugas que está a punto e previsto que o edite a mesma entidade. Ademais, é autor de pasodobres e das seguintes obras: Muiñeira da Muralla, Aire nuevo, Muralla 200, Salve popular, Fiesta de San Roque, Ros, Peregrín, Fuga Op20, San Froilán, Lugo 98, Lugo 99, Ronda para trompa, Arr que alegría cuando me dijeron, Arr El Cristo del Madero, etc.
Realizou concertos extraordinarios en Ourense e Santiago, gravacións en Televisión de Galicia e Lugo, concertos didácticos, concertos con temas de películas, participou na zarzuela Non chores Sabeliña, etc.