Luís González Vázquez


Categoría: Funcionario
Data de Nacemento: 3 de outubro de 1941
Lugar de Nacemento: Monforte de Lemos (Lugo)
 Currículum

É doutor enxeñeiro de Montes pola Universidade Politécnica de Madrid e funcionario do Corpo Superior de Facultativos da Administración. Ten desempeñado os seguintes postos de traballo en Lugo desde 1971: xefe do gabinete técnico da Cámara Agraria Provincial, enxeñeiro-xefe da 3ª Brigada Provincial de ICONA, delegado provincial da Consellería de Industria, Comercio e Turismo, xefe do Servizo Provincial de Medio Ambiente Natural e delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente. No ámbito da política, foi elixido deputado do Congreso pola provincia de Lugo na lexislatura constituinte (foi vicepresidente primeiro da Comisión de Medio Ambiente) e membro da Xestora do Concello de Lugo no ano 1979.