Fixo estudios de Dereito, Filoloxía, Guitarra e solfexo. É licenciado en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galaico-Portuguesa. É profesor numerario de Ensinanza Secundaria de Lingua e Literatura Española.
Funda o grupo “Evasión” có que gaña o “1r Premio de Conjuntos Músico Vocales. Trofeo Estrella de Galicia” (Betanzos, 1970).
En 1970 vai pra Barcelona e graba o seu primeiro disco con arranxos de Toti Soler (EDIGSA).
Logo, graba o segundo con “Nunha tarde o pensamento” e “Compañeiro”, ó que lle seguirá o “Señor Ministro, por favor”, con arranxos de J. Mª Bardagí, que se convirte nun gran éxito popular.
1976: LP “Denantes dos vinte anos” (EDIGSA) con arranxos de Enric Herrera
1977: ponlle música e cancións a duas obras de Valle Inclán para o programa de TV2, “Teatro Club”. Coa dirección de Mercé Vilaret, fai un pequeño papel xunto a Xabier Elorriaga.
En 1978 edita un disco monotemático “Cantigas da Fradería” (Fonomusic), con arranxos de Rafael Zaragoza, “Zarita” e Jordi Bonell.
Compón e interpreta a banda sonora da película “Malapata”, editada por Auvi, Barcelona.
1980 gaña o “XIV Festival de Villancicos Nuevos” de Pamplona con “Belén, anoitece” (Belter).
1985 LP “Polo Atlántico Norte” (Edigal 1985).
1989 disco “Marea baixa de azuis” e “A miña voz” (Sons Galiza).
Traduce ó castelán “Follas Novas” de Rosalía de Castro (Edicións 29, Barcelona, 1992).
En 1997 graba “Lúa nova”, có grupo “Vox Populi” (Fonomusic).
En 2003 publica una escolma das cancións da súa primeira época: “Jei Noguerol. EDIGSA 1971-1976”. (PDI, Barcelona 2003).
2019: edita “Qué noite a daquel verán” e “Port d’en Perris” (Selo Microscopi), e está a preparar a publicación do libro “Folgos”, ó que pertencen istas duas cancións.
Foi galardoado cos seguintes premios: Premio á mellor letra no Primeiro Festival da Canción Misioneira (Santiago de Compostela), primeiro premio do XIV Festival de panxoliñas novas de Pamplona, premio Padroado Rosalía de Castro (1980) e premio do Festival do Marisco no Grove (1983).