María Pilar Alén Garabato


Categoría: Profesora
Lugar de Nacemento: Oza (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

. Licenciada en Xeografía e Historia (Sección “Historia da Arte”) pola Universidade de Santiago de Compostela.

. Licenciada en Xeografía e Historia (“Musicoloxía”) pola Universidade de Oviedo.

. Doutora en Xeografía e Historia (Historia dq Arte, “Área de Música”) pola Universidade de La Laguna.

. Profesora de “Historia da Música” do Departamento de Historia da Arte (“Área de Música”) da Universidade de Santiago de Compostela.

 

FORMACIÓN ACADÉMICA:

. Estudos de Piano en Conservatorio de Santiago de Compostela e A Coruña.

. Estadía de investigación no Instituto Nacional de Asistencia e Promoción do Estudante.

. Estadía de Investigación en “Biblioteca Laudense” (Lodi, Italia).

. Estadía de Investigación en “Ateneo di Salò” (Italia).

. Estadía de Investigación en “The British Library” (Londres).

. Estadías de Investigación nos Departamentos de “Musicoloxía” nas universidades de Oviedo e Valladolid.

. Complementos de formación musicolóxica en Granada (Cursos “Manuel de Falla”), Xixón (“Cátedra Jovellanos”), Tarragona (Universidade Autónoma de Barcelona), Valladolid (“Aula de Música” da Facultade de Filosofía e Letras).

 

EXPERIENCIA PROFESIONAL REALIZADA OU EN CURSO:

. Profesora de “Historia da Música” (Área de Música) da Universidade de Santiago de Compostela.

. Profesora de Solfeo e Piano en Conservatorios de Santiago e Ribeira.

. Profesora de “Actividades Extraescolares”, Prácticas de “Conxunto Coral” e “Iniciación ao Piano” do Colexio “Junior’s” (Santiago de Compostela).

. Membro fundador do Colexio Musical “Hodiguitria”, Conservatorio Privado de Música e encargada da orientación das materias de “Historia da Arte” e “Historia da Música”.

. Vocal Titular dos Tribunais dos Conservatorios de Música Autorizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia).

. Directora e coordenadora dos Cursos de Verán “Cantigas, Cánticos e Cantos”, da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co S. A. do Plan de Xestión do Xacobeo.

. Directora e coordenadora de Festivais, Ciclos de Música e Concertos de Música Antiga e de Órgano, principalmente en Santiago de Compostela.

. Directora e coordenadora de Cursos e Seminarios na “Fonoteca Universitaria de Santiago”.

. Asesora do Vicerrectorado de Estudantes e Cultura de Universidade de Santiago de Compostela.

. Asesora dos “C.U.I. Música en Compostela” (últimas edicións).

. Redactora de programas de man para as tempadas da Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, “Ciclos de lied de Santiago de Compostela”, “Festival de Zarzuela” (Santiago de Compostela), Festival Internacional de Música “Via Stellae”, “Festival de Música de Lugo”, etc.

. Membro da Sociedade Española de Musicoloxía.

. Membro da Sociedade Internacional de Musicoloxía.

. Membro da Asociación Musical “Schubertiada”.

. Membro do “Centro Europeo de Estudio e Difusión da Música Histórica”, en colaboración co Departamento de Música Antiga das Bibliotecas Nacionais de Francia e España e diversos Departamentos de Universidades adicadas ao estudo e clasificación de partituras de toda Europa.

. Membro do Xurado de diversos certames e concursos de canto.

. Membro do Consello Asesor e Científico da Revista “Annuarium Sancti Iacobi” (Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago).

. Colaboradora de diversas asociacións culturais (Asociación Xuvenil e Cultural “Xestal”, Asociación de Mulleres “Xanela”, Asociación Xuvenil “Beiramar”, Clube Xuvenil “Montealegre”, Colexio Maior “Arosa”, Colexio Maior “S. Agustín-Aula P. Calo”).

. Colaboradora en “The New Dictionary of Music and Musicians of Opera” (Londres).

. Colaboradora en “The New Grove Dictionary of Opera” (Londres).

. Colaboradora do “Diccionario de Música Española e Hispanoamericana” (Instituto de Complutense de Ciencias Musicais)

. Colaboradora da Revista “Grial”.

. Colaboradora de “El Correo Gallego” e “La Voz de Galicia”.

 

CONFERENCIAS/CURSOS E OUTRAS ACTIVIDADES:

. Asidua asistente a Congresos, Simposios, Reunións Científicas e outros eventos culturais e musicais en diversos centros de Italia (Roma, Milán, Venecia, Bérgamo, Salò, Lodi, Turín), Inglaterra (Universidad de Gales, Cardiff) e España (Universidades de Valladolid e Oviedo).

. Asidua conferenciante de temas en torno ás relacións musicais entre España e Italia, Historia Social e Socioloxía da Música, Historia da Música Galega e A Música no Camiño de Santiago.

 Obras realizadas

. Autora de libros como “La capilla de música de la Catedral de Santiago. Renovación y apogeo de una etapa privilegiada. 1770-1808” (Edicios do Castro, Sada), “Historia da Música Galega: Cantos, Cantigas e Cánticos” (A Nosa Terra”-Vigo), “Breve Historia da Música Galega” (A Nosa Terra-Vigo) e “Historia da Música Galega. Notas do século XIX” (Andavira-Santiago de Compostela).

. Autora e coordenadora de libros en colaboración con outros autores como “Música y Liturgia en la Edad de Oro de las Catedrales Españolas” (“Copy Nino”-Santiago de Compostela) e “Galicia e América: Música, Cultura e Sociedade arredor do '98” (“Tórculo”-Santiago de Compostela).

. Autora de numerosos artigos científicos e de divulgación musical publicados en editoriais e revistas nacionais e internacionais centrados en liñas de investigación sobre a música nas catedrais, música no camiño de Santiago, relacións musicais entre Italia e España, historia social e socioloxía da música, música e liturxia, música e folklore, pensamento e estética musical, e historia da música galega (ss. XVIII-XX).