Lucía Canabal


Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Lucía Canabal viviu durante oito anos en Londres, onde traballou no mundo da comunicación. Foi na capital británica onde a súa paixón polo mundo da moda e as pedras semipreciosas anímana a estudar no prestixioso centro Chelsea Collage of Art and Design. Coas súas cualidades para o deseño e a súa experiencia no sector de comunicación co-funda a súa primeira liña de xoias, que foi moi ben recibida. En 2004 regresa a España, concretamente á Coruña, a súa cidade natal, onde crea a súa propia colección coa marca Lucía Canabal.
Lucía Canabal, ademais dos seus deseños exclusivos e de prèt-à-porter, dispón dunha colección dedicada aos máis pequenos, denominada LC Baby, así como unha liña personalizada para regalos de empresa ou detalles para invitados de vodas, como alfinetes, xemelgos, marca libros...

 Obras realizadas

No ano 2008 inaugurou na Coruña Espacio+ (Rúa Falperra, nº 40) un novo concepto de taller artesanal aberto con exposición de xoias, onde ademais de expoñer e vender as súas creacións, ofrece a posibilidade de que outros deseñadores poidan dar a coñecer o seu produto. As creacións de Lucía Canabal tamén se poden adquirir a través do seu blog: www.espaciomas.blogspot.com e proximamente estarán á venda a través da súa páxina Web www.luciacanabal.com.

 Outros datos de interese

Tenda-taller: Rúa Falperra, nº 40, baixo,15005, A Coruña.
Sala de exposición: Rúa Argensola, nº 19-2, dereita, 28004, Madrid.
 
www.luciacanabal.com
http://espaciomas.blogspot.com/