Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco


Categoría: Alcalde de Carballedo (Lugo) - Farmacéutico
Data de Nacemento: 31 de agosto de 1954
Lugar de Nacemento: Losada (Lugo)
 Currículum

É Alcalde do Concello de Carballedo (Lugo) desde 1983. Desde ese mesmo ano e ata 1991 foi Deputado na Deputación Provincial de Lugo.

 Obras realizadas

Foi Senador electo por Lugo nas Cortes Xerais, desde outubro de 1989 ata xaneiro de 2000 (desde a IV ata a VI Lexislatura) co Partido Popular. Na IV lexislatura foi vicepresidente 2º da Comisión de Sanidade e Seguridade Social e na VI Secretario da Comisión de Sanidade e Asuntos Sociais. Ademais, participou como vogal nas seguintes comisión:

-Comisión de Sanidade e Seguridade Social (IV lexislatura).

-Comisión de Regulamento (IV lexislatura).

-Comisión de Relacións co Defensor do Pobo e dos Dereitos Humanos (IV lexislatura).

-Comisión de Autonomías e Organización e Administración Territorial (V lexislatura).

-Comisión de Sanidade e Asuntos Sociais (V e VI lexislaturas).

-Comisión de Peticións (V lexislatura).

-Comisión Mixta de Investigación Científica e Desenvolvemento Tecnolóxico (V lexislatura).

-Comisión de Agricultura, Gandaría e Pesca (VI lexislatura).

-Comisión de Traballo e Seguridade Social (VI lexislatura).

-Comisión Especial sobre a Ordenación do Servizo Farmacéutico (VI lexislatura).

-Comisión Especial sobre a Manipulación Xenética con Fins de Produción de Alimentos (VI lexislatura).