Doutora en Medicina e Cirurxía. Especialista en Saúde Pública. Maxister en Administración e Xestión Sanitaria. Diplomada en Métodos Estatísticos en Ciencias da Saúde, en Educación para a Saúde e en Nutrición e Dietética. Directora de Actividades de Lecer. Profesora da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Vigo. Responsable do equipo de investigación MP1 da Universidade de Vigo. Directora da revista "Salud Pública y Educación para la Salud". Presidenta da 'Asociación Galega de Educación para a Saúde'. Membro da Xunta Directiva da Asociación de Saúde Pública de Galicia. Membro da 'Sociedad Española de Epidemiología', da 'Sociedad Española de Salud Pública y Administración Sanitaria' e da 'Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil' (GALIX).
Obras: 1987: Ano Europeo do Medio Ambiente, Da educación sexual para a saúde á saúde sexual pola educación, Prevención en drogodependencias, Adolescentes en la consulta: estrategias y métodos de intervención, El proyecto Ciudades Saludables, Ambiente e saúde, Satisfacción de los usuarios con la atención a la salud recibida, O torques de ouro, Rabibranca, Nos xardíns e A pantasma da torre. É autora, ademais, de diversos artigos, relatorios e comunicacións en relación coa Saúde Pública.
Dous premios de relato curto e un de fotografía. Afeccións: literatura, fotografía, natureza, sendeirismo, natación, música e viaxar. Enderezos URL: http://www.uvigo.es/webs/mpsp http://www.uvigo.es/webs/ageps