Fillo de labradores humildes, emigra a Barcelona (capital) cargado de ilusións e, sobre todas, a música e a literatura, que serán, no sucesivo, as que ocuparán (encherán) o seu corazón.
Nada máis chegar á Cidade Condal, matricúlase na Academia Ripoll, hoxe Liceo Catalán, onde prepara o bacharelato, o idioma francés e ao mesmo tempo que traballa, como administrativo, segue, no seu tempo libre, cos seus proxectos musicais e literarios, sendo, como se verá despois, a poesía a que, sobre todas as cousas, encherá o seu corazón. O idioma catalán resúltalle tan admirable que o cultiva con esmero e cariño. O primeiro que memorizou, unha vez cegado a este fermoso paraíso foi: L'emigrant de Jacint Verdaguer i Santaló. O seu título bastoulle para a súa inspiración.
Durante algún tempo, despois da súa xornada laboral, ocupa as súas horas en escribir unha novela curta, "Rehabilitación de un corazón deprimido", e dous contos, "El bosque silencioso, mesturando, como non podería ser doutra forma, algunha poesía, xa que este é o xénero que o apaixona e lle da vida e forza para seguir. Colaborou na revista Lúa Nova da Entidade Rosalía de Castro, da que tamén foi socio por algún tempo.
Intensifica os seus coñecementos musicais e imparte clases de solfexo e gaita. Acode, pola noite, á academia Psico-Forma, para diplomarse en Contabilidade e segue loitando. Durante o seu prolongado paso por Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramanet, aparte de crear ilusión e contribuír ao bo funcionamento e desenvolvemento da entidade, prepara mozos con ilusión polo noso folclore, potenciando así o noso acervo cultural.
En 1996 e 1997, pronuncia os pregóns dedicados a D. Jesús Ferro Couselo e D. Ánxel Fole, ilustres persoeiros da literatura galega e homenaxeados, os anos respectivos O día das Letras galegas. Tivo o gran honor de colaborar nos libros, Tomo 1 e Tomo 11 de músicas do Caurel, do Director da Real Banda de Gaitas e da Escola Provincial da Deputación de Ourense, D. José-Luis Foxo, que levou o Caurel á súa máxima expresión.
Participou no Certame Literario de Montefurado, FoBas de Laurel e nos encontros poéticos que desde hai algún tempo se veñen celebrando na vila de Quiroga, Monforte de Lemos, Sober e outros lugares elixidos pola experta mirada do profesor, ecoloxista, D. José-Reinaldo Pol García.
Como membro do grupo poético Amencer Quirogués, segue participando noutros recitais promovidos polo Profesor Pol. Colaboro una publicación ecolóxica, Follas de Olivo. Prologou “PoesiProsa” e “Pétalos de Amor” do ecoloxista, escritor e articulista D. José Pol.
Envía, cando dispón de tempo, algunha colaboración ao Semanario dos Barrios (Cádiz) e á Editorial Corona del Sur (Málaga, de D. Pedro Peralto. Desde hai algún tempo, segue coas súas clases de solfexos e gaita en Agarimos de Badalona, contando neste novo paraíso de inspiración galaica, cun ambicioso grupo musical, recoñecido xa na Cidade Condal e a súa periferia, colaborando nas festas aniversario das casas rexionais que llo piden. Pronunciou o primeiro pregón de poesía No val de Quiroga o ano 2003.
O 17 de maio de 2000, publicou a súa primeira obra poesía-prosa, titulada “Rosa de Abril” e que foi presentada o Día das Letras Galegas na vila de Quiroga polo mestre D. José-Luís Foxo, director da Real Banda da Deputación de Ourense. Posteriormente este foi presentado no programa Luar, polo seu director, D. José Ramón Gayoso. Máis tarde presentouse nos centros Galegos de Santa Coloma de Gramanet, Cornellá, Mollet, Badalona... En 2002, saíron á luz os seus novos libros “El Bosque Silencioso” e “Rehabilitación de un Corazón”, de cuxa presentación se encargou a voz e personalidade do cantautor D. Alfredo González Vilela nas casas galegas de Barcelona. A súa voz, acompañada da súa inseparable guitarra e a valiosa contribución do acordeonista, D. José Romero, deron especial relevancia aos actos que tiveron lugar en Barcelona, Sta. Coloma de Gramanet, Saudade (Federación de Centros en Barcelona), Rosalía de Castro (Cornellá)... En setembro de 2001, pronuncia o pregón IV aniversario de Agarimos. Aínda que non foi dedicado a ningún persoeiro das nosas letras, si que estivo cargado de agarimo cara a súa querida e sempre lembrada Galicia. Os seus esforzos por manter viva a nosa cultura son evidentes, impregnando os seus escritos de amor cara ela, pois, aínda que moi amante de España e todo o español, a súa Galicia sempre a leva no seu corazón e, como é natural, esta non debe quedar relegada en absoluto, de aí que os seus traballos sempre levan (como broche) unha parte da súa obra na lingua materna. Para el é coma un principio inviolable.
De aí o seu novo título, Cariño Compartido. Como podes comprobar xa é realidade e no seu interior non deixa de ter algo moi especial que é a pureza, a sinxeleza e ese amor que o autor derramou sobre as súas páxinas que serán, sen dúbida, exemplo de cordialidade, tolerancia e convivencia. Nada deste mundo é máis importante e fermoso que o amor e a sinxeleza dos seus habitantes. Non é preciso chorar pero cómpre derramar, de cando en cando, algunha bágoa desas que ao baixar polas nosas meixelas, van abrindo sucos profundos no noso sensible corazón.