Leandro Seixas


Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 5 de Novembro de 1954
Lugar de Nacemento: Pígara - Guitiriz (Lugo)

   Cultura

Web
 Currículum

1977: Licenciado en Belas Artes (Escultura). 1979-1982: Profesor de Ensino Medio. Desde 1982 realiza traballos de restauración en España e no estranxeiro e nos seguintes lugares: Instituto Nacional de Restauración, Museo do Prado, Museo de Artes Decorativas, Congreso dos Deputados, Museo Salcillo, Iglesia S. Pablo de Valladolid, Catedral de Málaga, Catedral de Sto. Domingo (República Dominicana), Iglesia de S. José (Puerto Rico). 1993-94: Obtén por concurso a Beca de Escultura da Academia de Historia, Arquitectura e Belas Artes de Roma. 1998: Participa no Simposio Internacional de Arte en Sinji vrh (Eslovenia). 1999: Participa no Simposio Internacional de arte de Medana (Eslovenia). 2000: É invitado pola Compañía de Cerámica Contemporánea de Tlaque Paque (Guadalajara, México) para a realización de esculturas.

 Obras realizadas

Desde 1972 dedícase á escultura realizando exposicións individuais e colectivas tanto en museos como en galerías públicas e privadas en diferentes cidades como Madrid, Barcelona, Sevilla, A Coruña, Lugo, etc... Tamén realiza exposicións en diferentes cidades de Italia e Eslovenia. Ten obras en coleccións privadas de Europa, África e América e nas seguintes coleccións públicas: Academia de Belas Artes, Ministerio de Asuntos Exteriores, Museo Florencio La Fuente (Cuenca), Caixa Galicia, Ateneo Madrid, Banco Bilbao, Xunta de Galicia, Sinji Vrh, Medana, México, Sto. Domingo.