Laura Quintillán Núñez


Categoría: Violinista
Data de Nacemento: En 1956
Lugar de Nacemento: Montevideo (Uruguai)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Filla dunha familia de emigrantes galegos, estudia violín desde pequena, iniciándose no seo da familia materna, e aprendendo logo con I. Chorberg, I. Fidlon e J. Risi. É parte da orquestra da Radiotelevisión de Uruguai e da Sinfónica de Siegerland (Alemaña). É membro fundador do grupo Milladoiro e foi docente durante os últimos 30 anos en conservatorios galegos. Desde hai 14 anos é violinista do grupo Tangata.

 Obras realizadas

Fixo CD’s e actuacións públicas con repertorio popular, creacións propias e música clásica.

 Outros datos de interese

Forma un dúo con súa irmá Marina. O dúo é consecuencia directa de medrar xuntas e facer música xuntas, de partillar experiencias, ambientes, inquedanzas e loitas. As vocacións fundamentais da súa actividade son a divulgación, a solidariedade e maila xolda.