Julio Modesto Giz Ramil


Pseudónimo:Xulio Xiz
Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 17 de febreiro de 1947
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión

Facebook

GaliciaDigital

Biblioteca Virtual GD
 Currículum

Licenciado en Ciencias da Información e mestre, é cofundador de Ophiusa, Galicia Digital e Televisión Lugo. Funcionario xubilado da Xunta de Galicia.

Traballou en Radio Popular de Lugo (1968-1985), e na Delegación en Lugo de El Ideal Galego (1968-1985). A mediados dos anos oitenta, dirixíu programas culturais na Radio Galega: “A radio máis nova”, “Galicia, pobo a pobo”, “Amigos” e “Literatura viva”.

Actualmente colabora en www.galiciadigital.com , La Voz de Galicia, Radio Popular de Lugo, Onda Cero Lugo, www.xornaldelugo.com e www.galicia24horas.es 

De 1983 a 1989 foi Xefe do Staff da Presidencia do Concello de Lugo e Xerente do Patronato de Cultura, organizando neste período máis de 1.250 actos culturais.

Xunto con Marcial González Vigo (), obtivo unha vintena de premios nacionais e internacionais de Radio e TV, éntreles o Premio Internacional de Radio do Bimilenario de Lugo, Nacional de Radio e TV Ciudad de Salou, Nacionais de Radio da Lotería Nacional, I.N.D.O., Rosalía de Castro, La Mancha… ou Premio Mundial de Radio-Tv Mallorca 1980.

 Obras realizadas

Os guións galardoados cos premios Bimilenario de Lugo, Ciudad de Salou e Rosalía de Castro foron publicados respectivamente nos libros EL DIOS DE ROMA QUE LLORÓ POR LUGO (1979), SALOU, NOVIA DEL MAR (1980) e MEDIO CENTO DE GALEGOS E ROSALÍA (1983).

Tamén foron editadas en libro unha serie de entrevistas emitidas na Radio Galega (1986), co título de GALICIA POBO A POBO.

Na colección Everest publicou: LÁNCARA, PARA VIVIR; MONTERROSO EN LAS TIERRAS DE ULLOA; EL BELÉN DE BEGONTE; PALAS DE REY, REGIO PALACIO; LOS ANCARES, FUERZA VITAL e LUGO.

Coordinou os libros colectivos OS ESCRITORES LUCENSES ARREDOR DE FOLE (1986), PREGOEIRO DA LUZ E DA ALBORADA (1993), ULTREYA (1993), AUTORES LUCENSES ACTUAIS (1994),OS RAPACES E O PARLAMENTO. 21 “ESPECIALISTAS” FALAN DO PARLAMENTO DE GALICIA (2005), MATO SONO ÍO (2009), CERNA DE CARBALLO (2015) e GANDUXANDO VIDAS, XAQUÍN CAMPO FREIRE (2017).

Outras publicacións: OS POETAS DE VILLALBA (1983), SAN FROILÁN (1999), O CORGO, AMPLO HORIZONTE (2006), PAIXÓN POR LUGO (2007), TERRAS DE A ULLOA, MELIDE, ARZÚA (2008), TERRAS DE LUGO / A TERRA CHA, MEIRA (2008), BENQUERIDA ENRIQUETA (2015), VILALBA: 25 ANOS DA NOSA ASOCIACIÓN DE VIUVAS (2016), ASPNAIS 50 AÑOS (2017), MINI E MERO, LABRANDO PARA SEMENTAR (2017)...

Participación en libros colectivos: 12 ANOS NA BÚSQUEDA DA NOSA IDENTIDADE (1983?), HOMENAXE A XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1987), MÁIS DE MEDIA DUCIA DE ESCRITORES CHAIREGOS E O ANTROIDO (1993), PAPEIS DE BARBA. HOMENAXE A MANUEL MARIA (1995), CONTOS NO CAMIÑO (1996), PANTÓN, GLOSA A LA CAPITAL DEL ROMÁNICO (1996), LUGO CARA Ó MIÑO (1996), LUGO, UNHA PROVINCIA (2002), GUIEIROS: VITO LOPEZ-FELPETO (2008), GALICIA EN ANAQUIÑOS DE PAPEL (2009), MANUEL MARIA. LIBRO COLECTIVO DE HOMENAXE (2017), UNHA ALBORADA NOVA. BERNARDO GARCÍA CENDÁN (2013) e MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, 25 ANOS DESPOIS (2018).

Intervencións editadas: FEIRAS E FESTAS DE PRIMAVERA NO PÁRAMO (1984), COMUNICACIÓN NA PERIFERIA ATLÁNTICA (1996), MESA REDONDA “FOLE COMUNICADOR” (1997), ESO QUE LLAMAN FOLCLORE (2010).

Dirixíu PRAZA MAIOR, voceiro do Concello de Lugo.

Foi guionista e director de máis de medio cento de produccións audiovisuais (entre elas a colección VIDEOTECA DE GALICIA).

Organizou desinteresadamente ciclos de conferencias para Caixa Galicia en Lugo, presentando aos conferenciantes e coordinando os actos, estando entre os que interviñeron: GONZALO TORRENTE BALLESTER, CHUMY CHÚMEZ, ALFONSO USSÍA, ANTONIO GALA, FERNANDO VIZCAÍNO CASAS, PILAR NARVIÓN, CARMEN CONDE, MERCEDES SALISACHS, FERNANDO SÁNCHEZ DRAGÓ, JOAQUÍN AROZAMENA, JULIÁN LAGO, JOSÉ ONETO, SÁNCHEZ OCAÑA, EMILIO ROMERO, FORGES e MINGOTE.

 Outros datos de interese

Con Carlos Rodríguez Arias creou a Productora de Video e Editorial OPHIUSA (1986), a primeira TV local en Lugo, TELEVISIÓN LUGO (1994) e a plataforma dixital www.galiciadigital.com (2000), que dirixiu ata 2008.

Desde 1989 é Presidente do ORFEÓN LUCENSE (Coro oficial da Catedral de Lugo), e do GRUPO FOTOCINEMATOGRÁFICO FONMIÑÁ, que desde 1979 organiza anualmente a Semana Internacional de Cine de Lugo.

É Vicepresidente do Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, que desde 1972 promove o Belén Electrónico de Begonte.

Desde hai 42 anos é Secretario do Certame Literario do Concello de Vilalba; dende hai 25 Secretario dos Certames "Letras Galegas"e "Nadal" da Biblioteca Provincial de Lugo, e dende hai 22, é membro do Xurado do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López do Concello de Paradela. Presentador-conductor da Mostra Folclórica Internacional de Viveiro que organiza “Bágoas da Terra” desde 1979.

No decurso dos últimos corenta anos ten pronunciado arredor dun cento de conferencias e presentado varios milleiros de actos culturais.

O 20 de xuño de 1998, "Arredor de Xulio Xiz" e organizados por Xermolos, celebráronse os VIII Encontros na Terra Chá, na campa do San Alberte (Guitiriz) e en Baamonde (Begonte).

En 2009 recibiu A NAVALLA DE MANUEL MARÍA, entregada pola Asociación cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María da Terra Chá, que cada 8 de setembro na Campa da Santa Isabel de Outeiro de Rei agasallan a chairegos vencellados á cultura e á figura de Manuel María.

En 2017 recibiu a Insignia de Ouro de Aspnais (Asociación de Pais e titores de persoas con discapacidade intelectual).

En 2017 foille concedido o XV Premio de Xornalismo 'Moncho do Pío', convocado por Adegas Bendaña, por un traballo sobre a Ribeira Sacra.

Foi nomeado 'Milagrosista do Ano' pola Asociación de Veciños, comerciantes e industriais do distrito lucense da Milagrosa.

O Club Ancares tenlle concedido o UROGALLO DE LA COMUNICACIÓN.

Dende 1980 é Socio de Honra do Belén de Begonte.

Foi o Primiero Socio de Honra da Polifónica de Vilalba (1984).

En Radio Popular de Lugo coordinou a comezos dos anos 70 o "5º programa", e dende Lugo participou no programa da Cadena Cope "Galicia de noche".

Pertence ó Consello da Facultade de Humanidades de Lugo.

É membro da Serenísima Orde da Alquitara da Augardente de Portomarín.

Premio FONTE DA POESÍA de Cultura Tradicional da Asociación María Castaña en 1996.

Foi Coordinador da Homenaxe en Lugo a Ortega y Gasset (1983), no seu Centenario.

Organizado pola Asociación de Amigos da Porta de Cima de Vilalba (rúa onde naceu) os seus veciños vilalbeses rendironlle homenaxe pola súa traxectoria vital, en setembro de 2016, ó que asistiron arredor de 250 persoas.

O Concello de Vilalba, por unanimidade, o 3 de outubro de 2017, acordou concederlle a 'Medalla de Ouro do Excmo. Concello de Vilalba', que lle foi entregada nun acto celebrado no Auditorio vilalbés o 29 de decembro do mesmo ano.