Gonzalo Martín Uriarte


Pseudónimo:Gonzalo Uriarte
Categoría: Actor
Data de Nacemento: 26 de xaneiro de 1952
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Actor que exerce a súa actividade profesional desde 1978 no medio teatral e, a partires de 1985, tamén no cine en na TV, tendo traballado iagualmente como actor de dobraxe en numerosos filmes e series televisivas. Membro co-fundador da compañía de teatro “Troula” nos difíciles comezos do tetro profesional en Galicia. Nos últimos vintecinco anos ten traballado, entre outras, nas seguintes produccións teatrais: en O velorio e Anastas, ou a orixe da constitución, coa compañía “Troula”, co Centro Dramático Galego en Woyzeck, O enfermo imaxinario, As tres irmás, Un refaixo para Celestina, Lugar, A burla do galo, Calígula, Daquel abrente, etc., coa compañía “Teatro do Atlántico” en Non se chora, Tolos de amor, Casa de bonecas, A noite das tríbades, Amor de D. Perlimplín con Belisa no xardín, Vanzetti..., Saxo Tenor con “Teatro do Aquí”, Medea con “Produccións do Noroeste” e Os vellos non deben de namorarse con “Teatro do Morcego”.

 Obras realizadas

No eido do audiovisual, participa en diferentes series de TV: “Galicia Exprés”, “Avda. de América”, “Mareas Vivas”, “Hospital Central”, “El Comisario”, “Pratos Combinados”, “As leis de Celavella”, "Libro de Familia"...); e nas seguintes longametraxes: Continental (X. Villaverde, 1989), A noiva de medianoite (Antonio Simón, 1997), A lingua das bolboretas (J.L. Cuerda, 1998), Sei quen es (Patricia Ferreira, 1999), O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2001), Trece badaladas (X. Villaverde, 2002), Para que no me olvides (Patricia Ferreira, 2004), , El Laberinto del Fauno (Guillermo del Toro, 2006), Flores Tristes (Teo Manuel Abad, 2008) e Los Muertos van deprisa (Ángel de la Cruz, 2008).

 Outros datos de interese

PREMIOS:
1997. Premio María Casares ó Mellor actor protagonista pola interpretación do personaxe August Strindberg na obra A noite das Tribades, baixo a dirección de Xulio Lago.
1998. Premio Agapi á Mellor interpretación masculina polo seu traballo na película A lingua das bolboretas de José L. Cuerda.
2005. Nominado nos Premios María Casares ó Mellor actor protagonista por 'O Encoro'.
2006. Nominado nos Premios Mestre Mateo do Audiovisual ó mellor actor secundario por 'Libro de familia'.
2007. Premio María Casares ó Mellor actor secundario por 'Hamlet'.