Julia Minguillón


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 17 de xullo de 1906 (†20 de agosto de 1965)
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Xa desde a súa infancia manifesta o seu gusto pola pintura. Consérvase un dos seus primeiros óleos que pintou cando tiña nove anos, un bocexo dunha reunión de mulleres cosendo na rúa. En 1926 trasládase a Madrid cunha bolsa para cursar estudios na Escola Superior e Belas Artes. Na Escola Superior de San Fernando obtén o título de Profesora de Debuxo e Pintura (1932). Concorre ás Exposicións Nacionais de 1934, 1941 e 1964 pero só celebra cinco exposicións individuais: Madrid (1945 e 1958), Vigo (1951), París (1953) e Guatemala (1955).

 Obras realizadas

En 1934 resulta premiado na Exposición Nacional con medalla de bronce o seu cadro Xesús con Marta e María. Este cadro está depositado nun museo en Valencia. A escola de Doloriñas foi galardoado coa medalla de ouro na Exposición Nacional de 1941. A partir de aquí pintaría cadros como A miña familia (1944), Xuventude (1948) e O sono da pintora (1960) antes de ser galardoada de novo na Exposición Nacional de 1964 co cadro Agonía. Aínda que os tema relixiosos a penas aparecen na obra completa de Julia Minguillón (A Anunciación, A Virxe do Aire, A Madalena), esta temática maniféstase na exposición de 1934 con Xesús en Betania e na de 1964 coa Agonía de Cristo. Ademais dos cadros citados, que son os máis representativos da producción de Julia Minguillón, pintou numerosas paisaxes, retratos, flores, o mundo dos xitanos, bodegóns e en xeral toda a temática susceptible de ser tratada en plástica.