Doutorado en 1989 pola Universidade de Santiago de Compostela. Visiting Scholard na Universidade de Cambridge durante 1986. Profesor Titular da Universidade de Santiago desde 1991 a 2000. Profesor de Investigación do CSIC desde 2001.
Impartiu cursos en diferentes universidades españolas e estranxeiras (Sevilla, Almería, Xaén, Málaga, Córdoba, Granada, Lleida, Barcelona, Complutense, Valladolid, La Plata e Catamarca (Arxentina), Montevideo (Uruguai), Caracas (Venezuela), Bogotá (Colombia), Tarapacá, Católica del Norte e Santiago (Chile), Göteborg (Suecia), Cambridge (UK), Oslo (Noruega), Católica de Lovaina (Bélxica) e Hyderabad (India).
En maio de 2010 foi nomeado director do Incipit (Instituto de Ciencias do Patrimonio), un centro de investigación de nova planta creado polo CSIC decidiu crear en Santiago de Compostela co proxecto científico é realizar investigación transdisciplinar sobre o patrimonio cultural e analizar os procesos de patrimonialización e valoración social do patrimonio.
Foi coordinador da Área de Humanidades e Ciencias Sociais do CSIC desde marzo de 2003 ata xaneiro de 2009, xestor da Área de Ciencia e Sociedade de CYTED (programa Iberoamericano de Cooperación Científica e Técnica) dende xaneiro de 2009 ata decembro de 2013, colaborador do Secretario de Estado de Investigación entre 2009 e 2010. Membro, entre outras sociedades científicas, da European Association of Archaeologists, a American Anthropological Association e a Society for American Archaeology. Membro de diferentes comités e comisións científicas como o grupo de traballo de UNESCO para deseñar o Arquivo Internacional de Arte Rupestre, o Comité Científico da Joint Program Initiative on Cultural Heritage de la UE, o advisory board da Critical Heritage Studies (Suecia), a comisión do Ministerio de Cultura para o estudo do anteproxecto de lei do patrimonio histórico entre 2008 e 2009, a Xunta Superior de Arte Rupestre do Ministerio de Cultura dende 2005, do Padroado do Museo de Altamira entre 2010 e 2014, a comisión técnica de arqueoloxía da Xunta de Galicia dende 2008, a comisión andaluza de arqueoloxía entre 1997 e 1999. Membro de diferentes comités editoriais de congresos e revistas internacionais como Journal of Social Archaeology –USA, Chungara –Chile, European Journal of Archaeology –UK, Traballos de Prehistoria –España… Co-presidiu co Prof. Gerhard Wolf, da Sociedade Max Planck alemana, o comité científico do Programa Convivencia, un proxecto do CSIC e a Sociedade Max Planck para constituir unha unidade de investigación conxunta para o estudio das interaccións entre xudaísmo, cristianismo e Islam na área mediterránea.
Ademáis foi membro de comisións de política académica e científica de FECYT, ANEP, FCT, Uniqual, ICREA e outros organismos.
En setembro de 2015 foi nomeado Presidente da "European Association of Archaeologists", sendo o primeiro español en presidir esta entidade. Esta é a segunda asociación de arqueólogos máis importante do mundo despois da "Society for American Archaeology".
É autor dunha ducia de libros e monografías científicas, de ao redor de 150 artigos de investigación en revistas españolas e internacionais, e de preto de 55 artigos de divulgación e ensaio. Dirixiu 12 teses doutorais, 24 teses de licenciatura e 31 teses de Mestría.
Entre os seus libros recentes destacan 'Arqueológicas. La razon perdida', un estudo sobre a teoría da interpretación aplicada á arqueoloxía e o patrimonio, e Petroglifos, paleoambiente e paisaxe. Estudos interdisciplinares da arte rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra), en colaboración con A. Martínez Cortizas e M. García Quintela. É autor dunha App para sistemas Android e iOs (arqueologicas.com).
Entre os seus proxectos de investigación destaca os proxectos europeos Archaeology in Contemporary Europe, New Scenarios for a Community involved Archaeology, e ter sido o investigador coordenador do Programa Consolider de Investigación en Tecnoloxías para a Conservación e Revalorización do Patrimonio Cultural (CSD2007-00058), que aglutinou a catorce Grupos de Investigación diferentes de toda España, 120 investigadores e dispuxo dunha financiación total de seis millóns de euros.
As súas liñas de investigación son Arqueoloxía da Paisaxe, Orixe e desenvolvemento da Monumentalidade, Teoría Arqueolóxica, Arqueoloxía e sociedade e Ciencia Pública. Realizou proxectos de investigación e traballos de campo en Galicia, España, Portugal, Reino Unido, Chile, Arxentina, Perú e Uruguai.