Juan Olives Orrit


Lugar de Nacemento: Madrid
 Currículum

Naceu en Madrid pero dende os primeiros días da súa vida é galego de adopción.
É anticuario e Vicepresidente da Asociación de Anticuarios de Galicia, así como perito xudicial en Antigüidades.
Licenciado en Dereito e diplomado en Empresariais polo ICADE, tamén cursou o MBA do IESE, exercendo a avogacía dende hai 25 anos, nos colexios de avogados de A Coruña e Madrid.

 Obras realizadas

Para intentar manter e rescatar a cultura galega, escribiu o libro “Sargadelos. La joya de las antigüedades en Galicia” sobre dita loza histórica orgullo de Galicia. Este libro foi presentado, na Real Academia Galega de Belas Artes.
Ten en preparación dous libros: un sobre o xenial gravador lucense Castro Gil e outro sobre Pintores Coruñeses.