Estudiou o Bacharelato na súa cidade natal e Enxeñería Técnica Topográfica en Madrid, profesión que exerce no Concello de Lugo. Colabora habitualmente en revistas e xornais de Galicia. Foi deputado polo BNG/PSG na primeira lexislatura do Parlamento Galego. Nos últimos anos da dictadura e primeiros da reforma política desenvolveu un gran traballo como animador das agrupacións culturais de Galicia desde o Club Cultural Valle Inclán de Lugo, así como do idioma e cultura galegos, a través, tamén, de programas de radio. Desde 1990 retoma a actividade cultural e literaria a través da AELG, de seccións periódicas en distintos xornais, das propias agrupacións culturais e da súa producción literaria.
No terreo da narrativa, escribiu: A Torre de Babel (Ed. Galaxia, 1968), O Tempo sen Saída (Ed. Castrelos, 1972), Galou Z-28 (Ed. Xistral, 1976), A Canción do Vagamundo (Ed. Sotelo Blanco, 1986), Artusa (Ed. do Cumio, 1989), Monólogos do Espello (Ed. Laiovento, 1993), Tres sombras góticas e unha rosa (Ed. Espiral Maior, 1995), Henriqueta na galería (Ed. do Cumio, 1997), Viaxe ás terras encantadas de Lemos (Edicións A Nosa Terra, 1999) e A casa de Galiaz (Biblos, 2003). En poesía, as súas obras máis importantes son: Albre de espranza (Ed. Xistral/Ronsel, 1966), Canción pra un agromar branco e azul (Ed. Xistral, 1968), O ferro dos dias (Ed. Xistral, 1982) e Ónfalos (Espiral Maior, 2001).
Conseguiu os seguintes premios: Premio nos "Xogos Florais de Monforte e Colexio Minerva de Santiago", "Casa de Galicia" de novela (Bilbao, 1975) por Galou Z-28 e o "Blanco Amor" de novela, (1986) por A canción do vagamundo.