Juan Miguel Antonio José Nóvoa Fuente


Data de Nacemento: 3 de decembro de 1901 (†20 de maio de 1966)
Lugar de Nacemento: O Incio (Lugo)
 Currículum

Comezou os seus estudios na Badía de Samos e despois continuou no Seminario Conciliar de Lugo. Foi ordenado presbítero o 19 de abril de 1924. Foi mestre do seminario nos cursos 1923-1924 e 1924-925. En 1925 foi enviado ó Colexio Español de Roma para ampliar os seus estudios. En 1926 obtivo na Universidade Pontificia Gregoriana de Roma o grao de Doutor en Dereito Canónico. Durante o bienio de 1927-1928 foi alumno da Academia Pontificia de Literatura Latina. En marzo de 1928 foi nomeado secretario de estudios do seminario de Lugo; en 1932 foi nomeado tenente fiscal e defensor do vínculo na diocese lucense e en 1937 chanceler secretario da curia diocesana de Lugo. Tamén ocupou os cargos de capelán das Servas de Xesús (desde 1929 a 1937); consiliario do Consello Diocesano da Asociación de Mulleres de Acción Católica, provicario xeral do bispado de Lugo, chantre da catedral lucense, delegado da peregrinación a Santiago de Compostela con motivo do ano santo de 1943 e secretario xeral da misión de Lugo. O 14 de abril de 1956 foi nomeado polo Papa Pío XII bispo auxiliar de Santiago de Compostela.