É Licenciado en Teoloxía pola Universidade de Comillas.
En 1969 chega a Honduras en traballos de apoio á Compañía de Jesús.
Foi Párroco de Sulaco en Honduras, entre 1975 e 1976.
Foi Director de Radio Progreso en Honduras entre os anos 1976 e 1980.
Membro do Equipo de Reflexión, Investigación e Comunicación (ERIC) en Honduras de 1980 a 1982.
Foi Vicario Episcopal de Yoro, Honduras, dende o ano 1982 a 1985.
Superior dos estudantes xesuitas de teoloxía en El Salvador, de 1985 a 1988.
Provincial da Provincia Centroamericana de La Compañía de Jesús dende 1988 a 1995.
Rector da UCA, de El Salvador entre os anos 1997 e 2010.
Párroco e Director de Pastoral UCA, dende finais de 2011 a 2016.
Director Idhuca: 2016...
Ámbito de coñecemento: Ciencias sociais e relixiosas.
Libros publicados en Honduras: 'Los Hicaques de Yoro', 'Panorama histórico de la Iglesia de Honduras' e 'Historias no contadas'.
Libros publicados en El Salvador: 'El martirio ayer y hoy' e 'Orar la historia y el conflicto'.
Folletos publicados: Esperanzas y temores desde Centroamérica (Casa de América, España).
Ten publicados artigos de ética, política e teoloxía en xornais, radio e revistas de pensamento.