Presidente da Asociación cultural Hispano-Arxelina “Miguel de Cervantes”. Membro do Ateneo de Madrid.
Licenciado en Farmacia. Experto en sostenibilidade e xeopolítica da auga.
Leva 25 anos traballando (dende a empresa privada) no campo da xestión da auga e ten desenvolvido proxectos en 4 continentes; desempeñando a súa labor dende China a México e dende Haití a Arxelia. Sendo este último, Arxelia, un dos países onde estivo vivindo uns anos e polo que creou a Asociación Cultural que preside.
Este traballo en países tan próximos xeográficamente de España, como é Arxelia e países do entorno, levárono a interesarse dun xeito especial sobre a situación da xestión da auga en países situados no Norte de Africa e Oriente Medio, cun clima árido ou semiárido, que ten similitudes coa situación da auga na metade sur de España.