José Villaverde Velo


Categoría: Sindicalista
Data de Nacemento: En 1894 (†24 de setembro de 1936)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
 Currículum

Iniciou a súa actividade profesional como tallista de imaxes relixiosas. Participou desde moi novo no movemento sindical e con tan só 15 anos foi un dos organizadores da Federación Local de Sociedades Obreiras de Santiago. Nesa época colaborou na fundación das publicacións "Solidaridad Obrera" e "Despertad". Foi presidente da Sociedade de Carpinteiros e un dos dirixentes históricos do anarcosindicalismo en Galicia. En 1931 trasladouse á Coruña e consolidouse como un dos líderes da CNT, o sindicato anarquista. Foi nomeado secretario da Confederación Rexional Galaica e constituíu a Federación Nacional da Industria Pesqueira. Cando comezou a Guerra Civil foi detido e encarcerado polos fascistas, que lle esixiron que colaborase co seu sindicato. A súa negativa deu lugar ó seu fusilamento en 1936.