Carlos Blanco Vila


Categoría: Actor, guionista e presentador
Data de Nacemento: En 1960
Lugar de Nacemento: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Con máis de vinte anos de experiencia profesional en teatro, cine, televisión e radio, ademais da súa faceta como actor, realizou na radio múltiples programas culturais (‘Diario Cultural’ na Radio Galega con Ana Romaní), deportivos (‘Galicia en Goles’ na Radio Galega), musicais, infantís ou de actualidade (‘Esta mañá’ na Radio Galega) e é locutor de emisoras como a Cadena Ser, Ondas Galicia ou Radio Galega.

 Obras realizadas

TEATRO: Como actor participou nas seguintes obras: ‘The days before’ de Robert Wilson sobre textos de Humberto Eco (co-narrador con Isabella Rossellini), ‘Os Xustos’ de Albert Camús para a Cia. Teatro do Noroeste, dirixida por Eduardo Alonso (co-protagonista), ‘A fiestra baldeira’ de Rafael Dieste para o Centro Dramático Galego baixo a dirección de Xulio Lago (actor principal), ‘Días sen gloria’ de Roberto Vidal Bolaño para a Cia. Teatro do Aquí, dirixida por Kiko Cadaval (actor principal xunto a María Pujalte), ‘A grande noite de fiz’ de Miguel Anxo Murado para a Cia. Teatro do Noroeste, dirixida por Eduardo Alonso, ‘Historia do Zoo’ de Eduard Albee para a Cia. Itaca baixo a dirección de Eduardo Puceiro (protagonista), ‘Doberman’ de Antón Reixa para a Cia. Teatro do Morcego, dirixida por Quico Cadaval e concibida por Antón Reixa para Carlos Blanco e Celso Parada (protagonista), ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’ de Carlos Casares para Cia. Itaca, dirixido por Eduardo Puceiro (protagonista). Posúe compañía propia durante máis de oito anos.
Como autor e actor participou en ‘Directamente Paco II’, espectáculo musical dirixido por Quico Cadaval.
Como autor, actor e director participou en ‘O país da comedia’ de Nordesia Produccións, espectáculo de humor, ‘A historia/histeria de Lili Brown’, espectáculo musical, ‘Directamente Paco’, espectáculo musical, ‘Vía oral’, espectáculo de humor e ‘Dillei’, espectáculo musical producido por Nordesia Produccións. Nos últimos tres anos ven desenvolvendo unha actividade continuada como narrador oral tanto en Galicia como no resto de España (actuacións en Madrid, Barcelona, Zamora, Salamanca ou Ávila), así como en Holanda, Alemaña ou Portugal.

TELEVISIÓN: Como actor, ven de comezar a rodaxe da serie ‘Lobos’, unha produción de videocomedia para Antena 3 que se estreará en xaneiro. Actor principal da serie xunto con Sancho Gracia, Cayetana Guillén Cuervo ou Miguel Ángel Solá, entre outros; ‘Mareas Vivas’ de Antón Reixa para Televisión de Galicia, co-protagonista (no papel de Ladislao) durante 72 capítulos, da serie máis vista na historia da televisión en Galicia, foi autor do guión de tres capítulos desta serie; ‘Terra de miranda’, serie da TVG na que foi protagonista durante 26 episodios (2003). Ademais fixo papeis episódicos en series como ‘Hospital Central’ (Tele 5), ‘Código Fuego’ (Antena 3), ‘Pratos Combinados (TVG), ‘Una nueva vida’ (Tele 5), ‘Compañeros’ (Antena 3) e ‘A Familia Pita’ (TVG). Tivo unha participación especial en programas como ‘Con Perdón’ (TVG), ‘El Club de la Comedia’ (Canal +, Tele 5) ou ‘Luar’ (TVG).
Como actor e presentador participou na ‘Gala dos Premios María Casares 2003’ para Televisión de Galicia, ‘Sitio Distinto’ de Antón Reixa para a Televisión de Galicia, ‘Selección Galega’ de Antón Reixa para Televisión de Galicia e ‘A Familia Mudanza’ de Antón Reixa para Televisión de Galicia.
Como presentador participou en ‘A Reoca’, concurso dirixido por Xosé A. Perozo para a Televisión de Galicia e ‘Saber e xogar’, concurso dirixido por Hugo Stuven para a Televisión de Galicia.

CINE: Foi actor principal en ‘O lapis do carpinteiro’, dirixida por Antón Reixa sobre un texto de Manuel Rivas (por este papel ven de obter unha nominación ós premios MESTRE MATEO 2004 no apartado de actor secundario), actor principal xunto a Adriana Ozores e María Bouzas en ‘Heroína’, dirixida por Gerardo Herrero sobre un guión de Ángeles González Sinde, actor secundario en ‘Sei quen es’ de Patricia Ferreira, actor secundario en ‘O alquimista impaciente’ de Patricia Ferreira, actor secundario en ‘Secuestrados en Georgia’, TV MOVIE para Tele 5, co-protagonista en ‘Delta’, TV MOVIE dirixida por Oriol Regas e protagonista nas curtametraxes ‘Hipotálamo’, ‘A Gabardina’ e ‘Hotel’.

 Outros datos de interese

Foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo polo programa ‘Galicia en Goles’ de Radio Galega e co Premio María Casares á mellor adaptación teatral polo espectáculo ‘Nano’ de Teatro de Adro, dirixido por Cándido Pazó e foi finalista do Certame de Monólogos do Club da Comedia 2003.