É licenciado en Ciencias Biolóxicas pola USC. Pertencente ao Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia na escala de biólogos, ao longo da súa traxectoria desempeñou diferentes postos, sempre vinculados ao ámbito da bioloxía e o mar. Entre outros cargos, foi xefe territorial da Consellería do Mar en Lugo dende outubro de 2010 ata xaneiro de 2012 e xefe da sección de Marisqueo e Acuicultura en Celeiro-Viveiro, desde marzo de 2012.
O 5 de marzo de 2013 tomou posesión como director do Instituto Social da Marina (ISM) en Lugo, substituíndo no cargo a Miguel Ángel Moreno Expósito.