José Veiga Roel


Categoría: Fotógrafo e debuxante
Data de Nacemento: 9 de novembro de 1894 (†† 9 de novembro de 1976)
Lugar de Nacemento: Betanzos (A Coruña)
 Currículum

Iniciouse desde moi novo no mundo do debuxo, alcanzando moi pronto fama polas súas dotes de calígrafo e miniaturista. Formou parte do grupo de animadores da revista "Rexurdimento" que se editou na súa vila natal. Despois da Guerra Civil, mantivo actividades asociativas nos círculos recreativos e culturais da súa cidade, onde reunía á Peña Fotográfica da Coruña. Cando entrou en contacto con estes afeccionados, descubriu a fotografía. Pronto se converteu nun dos seus principais impulsores. Os seus problemas de saúde levárono a abandona-la fotografía e volver ó debuxo.

 Obras realizadas

Ilustrou diversas publicacións, revistas, programas de festas e colaborou nas actividades de estudio do seu paisano Vales Villamartín. Mostrou a súa obra na Exposición de Arte Galego da Coruña (1923) e na Exposición Rexional de Belas Artes de Santiago. En 1935 obtivo un diploma de honor na Exposición de Belas Artes de Ferrol. En 1955 expuxo as súas fotografías en Bos Aires, nas salas do Centro Galego. Tamén participou no Salón Internacional de Fotografía da Coruña e no Certame de Fotografía Artística de Vigo, tanto como xurado ou como concursante e expositor. En 1957 realizou unha das súas máis importantes exposicións nos salóns do Club Imperio da Coruña. Nos anos 1966 e 1967 apareceron fotos súas na publicación "Galicia. Revista anual de Turismo". Unha exposición póstuma da súa obra tivo lugar en Santiago en 1980.

 Outros datos de interese

En 1980 foi nomeado fillo predilecto da súa vila natal de Betanzos.