Cursa estudios de Maxisterio, pero a súa vocación artística lévao a dedicarse por completo á pintura. A súa formación autodidacta e as súas inquietudes artísticas lévano a viaxar por Europa, entrando en contacto coas distintas correntes pictóricas. Ó seu regreso a España, coñece a Dalí, ó que visita na súa casa de Port Lligat. Chega a Galicia na década dos 80, onde entra en contacto con valores da arte e da cultura galega e portuguesa: Rosa Elvira Caamaño, catedrática da Escola de Belas Artes de Pontevedra, a ceramista portuguesa Rosa Ramallo, Colmeiro, López Guntín, Laxeiro, Sucasas, Armindo Salgueiro, Francisco Lareo, Antón Iglesias, Mar García, José Antón Fondevila, o escultor Javier Arias, Alfonso Costa, Artiaga ou Javier Costa entran a formar parte do seu círculo de amizades. Con eles comparte inquietudes artísticas, coñecementos e obras. Instálase en Chantada e trasládase máis tarde a Monforte de Lemos (Lugo), onde reside actualmente.
Realizou as seguintes exposicións colectivas: "Pintores Gallegos", Vegadeo (Asturias); "II Bienal do mar", Baiona La Real (Pontevedra); IX Bienal de Pintura "Meigas e Trasgos", Sarria (Lugo); XXI Premio de Pintura Caixa de Aforros de León, (Ponferrada, 1988); Bienal "Nuevos Valores" de Pontevedra; Mostra de Pintores e Escultores máis representativos do Século XX, (Escairón, Lugo); Inauguración da Casa da Cultura de Lugo, (1990); Sala de Exposicións "Las Casitas" (Oficina de Turismo do Concello de Monforte de Lemos, 1995); X Certame Galego de Arte "José Domínguez Guizán", no que recibiu a Mención de Honor (Begonte, 1999). Realizou as seguintes exposicións individuais: Sala de Exposicións da Excma. Deputación Provincial de Lugo (1980), Caixa de Aforros de Galicia, Chantada-Lugo (1980 e 1984), Sala de Exposicións da Excma. Deputación Provincial de Lugo (1987), Aula de Cultura de Vilagarcía de Arousa-Pontevedra (1988), Aula de Cultura de Chantada-Lugo (1988), Casa de Cultura de Monforte de Lemos-Lugo (1988), Real Café de Ourense (1988), Pub "Modus Vivendi", Santiago de Compostela (1989), Pub "Musaraña", Vilagarcía de Arousa (1989), Nova Sala de Exposicións "Caixa Vigo", Vigo (1991), Casa da Cultura de Chantada-Lugo (1992), Pub "Galería Agaritmo", Ourense (1996), Círculo recreativo e Cultural de Chantada (1999), Cafetería "Copacabana", Lalín-Pontevedra (1999), Sala de Exposicións "Las Casitas", Monforte de Lemos (1999 e 2001), Casino de Chantada-Lugo (1999) e Galería Sargadelos, Monforte de Lemos (2001).
Coleccionistas que posúen as súas obras: D.Manuel Fraga Iribarne (10 cadros). D. Felipe de Borbón Príncipe de Asturias (1 cadro). Dna.Cayetana de Alba, Duquesa de Alba. Familia Prieto Robisco, Monforte de Lemos, Lugo e Ourense. Arturo Vidal, Notario, Ribadavia e Pontevedra. Galería Ansoar, Chantada (Lugo). Cudra Pereira Chantada, Lugo e Madrid. Ana e Fernando, Correo Gallego, Santiago de Compostela (A Coruña). Familia de D. Francisco González, Presidente de BBVA, Madrid e Chantada (Lugo). Estanco Senén Meira, Lugo. La Flor del Valle, Meira (Lugo).
Conseguiu os seguintes premios: Primeiro premio no concurso de carteis das Festas Patronais de Monforte de Lemos (1988), tres dotacións artísticas adxudicadas pola Consellería de Educación, unha en Escairón e dúas en Monforte de Lemos (1988), tres dotacións artísticas adxudicadas pola Consellería de Educación para o colexio nº2 en Chantada, Colexio de EXB de Rábade e o Colexio de EXB de Teis-Igrexia (Vigo) (1990), accésit no concurso de carteis das Festas Patronais de Monforte de Lemos (1990), dotacións artísticas adxudicadas pola Consellería de Educación para os centros de BUP e EXB de Rodeiro, Silleda, A Estrada e Vilar de Cruces (Pontevedra), (1990) e a Mención de Honor no X Certame Galego de Arte "José Domínguez Guizán" (Begonte, 1999).