Juan Carlos Abraldes Rendo


Categoría: Caricaturista e autor de comic
Data de Nacemento: En 1971
Lugar de Nacemento: Barcelona
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

É diplomado en Artes Aplicadas pola Escola de Artes "Mestre Mateo" (Santiago de Compostela).

 Obras realizadas

Traballou en diversos eidos artísticos ata que se estableceu como colaborador habitual de La Voz de Galicia, participando ademais en proxectos como "Xatentendo.com", "Golfiño" (segunda etapa) e "H2Oil". Foi cofundador do Estudio Tangaraño con Fran Bueno. Ademais de caricaturista, ten debuxado para libros de textos e para publicacións como "Tempos", "Azul y Blanco" ou "Compostelán". Traballou en produccións de animación como O bosque animado e O rei Quintín.

 Outros datos de interese

Entre os premios que acadou destaca o premio Ourense ó mellor autor afeccionado 1998 da Casa da Xuventude por España vai.... Como caricaturista foi premiado na II e V Bienal da Caricatura de Ourense e como autor de cómic gañou o 3º premio do XII Concurso Galego de BD coa historia Película en branco e negro. Tamén foi galardoado no Concurso de Cómic Juventud 98, no certame de humor gráfico da Casa do Humor de Fene e no I Certame Galego de Imaxe Artística (2º premio da categoría de 22 a 30 anos).
www.abraldesartistcomic.com