Foi un consumado retratista, especialmente de nenos. Os seus cadros están dotados dunha gran expresividade. Tamén destacou na faceta de ilustrador de obras literarias, como as que realizou para a poetisa Luz Pozo ou para o narrador Ánxel Fole. Realizou exposicións na Coruña, Lugo, Barcelona e Braga.
En 1960 foi votado polos cidadáns como o coruñés máis popular do ano. En 1963 foi galardoado coa primeira medalla de pintura nos Xogos Florais de Betanzos.