
CurrículumÉ licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Fixo un curso de posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas pola mesma universidade. Do mesmo xeito, realizou un curso de Marketing Estratéxico, Promoción e Distribución Comercial pola Falcultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, así como un curso universitario transdisciplinar de Medio Ambiente.
Obras realizadasO que fora director do Centro Superior de Hostelería de Galicia, dependente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galica, está diplomado en inglés, italiano e francés polo Instituto de Idiomas da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago.
Outros datos de intereseDirixiu o Centro Superior de Hostelería de Galicia entre os anos 2007 e 2009 e dende xullo de 2009 ata a actualidade dirixiu o Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, da que tamén depende a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.