José Pastor Ferreiros Carreira


Categoría: Arquitecto
Data de Nacemento: 14 de decembro de 1961
Lugar de Nacemento: Lugo
Teléfono: 982252125
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Arquitecto pola Escola Superior de Arquitectura da Coruña (1991), traballa como arquitecto da Comisión Territorial de Patrimonio da Consellería de Cultura en Lugo desde 1994. En 1996 fixo un master en Restauración e Rehabilitación Arquitectónica.

 Obras realizadas

Entre as obras levadas a cabo, destacan fundamentalmente as restauracións na Igrexa de Pesqueiras (Chantada), Porta Nova da Muralla de Monforte, Igrexa de Liñares (Pedrafita), o posto de información de Santa Eulalia de Bóveda, o Convento das Nais Concepcionistas de Viveiro, o Convento das Nais Concepcionistas de Mondoñedo, as “Pallozas” do Cebreiro e a "Casa do Campo" en Saavedra (Begonte).