José Martínez Roldán


Data de Nacemento: En 1898 (†9 de xullo de 1974)
Lugar de Nacemento: Mondariz (Pontevedra)
 Currículum

Polas súas ideas republicanas fuxiu da represión franquista ó inicio da guerra civil. José Martínez foi un gran divulgador da cultura hispánica en Salvador de Bahía. Impartiu clases de castelán en varios colexios da cidade e foi o creador do programa de radio “Hora de España”, que se transmitía cada semana en Radio Cultura da Bahía. Tamén impulsou nesta cidade as conmemoracións do aniversario de Cervantes.

 Outros datos de interese

No seu leito de morte doou tódolos seus aforros para que se continuasen as obras do Centro Español.