Cargos desempeñados no pasado: Xerente da Hidroeléctrica de Silleda, Presidente da Asociación Provincial de Ganado Porcino de Pontevedra, Presidente da Asociación de Defensa Sanitaria de Silleda, Vocal da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vocal de AFE (Asociación de Feiras Españolas), Presidente de Eurasco (Asociación de Feiras Agrícolas de Europa).
Cargos desempeñados na actualidade: Presidente da Fundación Semana Verde de Galicia, Presidente da Asociación Feiral Semana Verde de Galicia e da Lonxa Agropecuaria de Galicia, Presidente de Asemga (Asociación Española de Mercados de Gando).
Recibiu entre outros os seguintes premios e mencións honoríficas: Cruz da Orde do Mérito Agrícola, Teucro de Prata da Cámara de Comercio de Pontevedra, Galego do Mes de El Correo Gallego (xuño de 1991), Araguaney de Ouro, Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago, Recoñecemento Aegama (Asociación de Empresarios de Galicia en Madrid), Trofeo Galeguidade 2001 da Enxebre Orde da Vieira, Sobresaliente por Silleda.
Foi un dos impulsores en 1978 do certame agropecuario Semana Verde, que desde 1988 ostenta a categoría de Feira Internacional. Así mesmo, preside desde a súa constitución en 1991 a Fundación Semana Verde de Galicia, unha institución sen ánimo de lucro dedicada á organización de eventos feirais, entre os que destacan, ademais da Semana Verde, TURISPORT (Salón de Turismo, Deportes e Desenvolvemento Rural), CIMAG (Certame Internacional de Maquinaria Agrícola), MITE (Mercado da Información e as Telecomunicacións) e FICOMAT (Feira de Edificación, Minaría e Obra Pública). Tamén é responsable da posta en marcha da Lonxa Agropecuaria de Galicia, un mercado de gando cun sistema de comercialización baseado na poxa que move anualmente 59.296 reses, cun volume de transaccións económicas de 17.645.000 euros (cifras de 2004).
Casado, pai de cinco fillos.