Manuel Sánchez Monge


Categoría: Bispo de Mondoñedo-Ferrol
Data de Nacemento: 18 de abril do 1947
Lugar de Nacemento: Fuentes de Nava (Palencia)
 Currículum

Ingresou no Seminario Menor e realizou os estudios eclesiásticos no Seminario Maior Diocesano. Cursou Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma, onde acadou no 1974 a licenciatura cunha tesiña sobre a infalibilidade do Papa e en 1998 o Doutoramento cunha tese sobre A familia, Igrexa doméstica. Foi ordenado sacerdote en Palencia o 9 de agosto do 1970. Desempeñou os seguintes cargos: Coadxutor da Parroquia de ‘San Lázaro’ (Palencia, 1970-1971), formador no Seminario Maior (Palencia, 1971-1972); formador no Seminario Maior (Palencia, 1975-1977); delegado diocesano de Medios de Comunicación Social (1975-1977); reitor do Seminario Menor de Palencia en Carrión de los Condes (1977-1982); coadxutor da Parroquia de ‘San José’ (Palencia, 1982-1988; profesor de Relixión no instituto 'Victoria Macho’ (1988-1992); delegado diocesano de Pastoral Familiar (1990-1992); pro-vicario xeral (1996-1998); reitor dos Seminarios Maior e Menor de Palencia (1992-1998); profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico do Seminario de Palencia (1975), Vicario Xeral de Palencia (1999) e Cóengo da Catedral (2003).

 Obras realizadas

É autor de varias publicacións: ‘Antropología y Teología del Matrimonio’ (Madrid, 1987), ‘Parábolas como dardos’ (Madrid, 1992) (varias edicións; publicado tamén en portugués), ‘Una santidad muy humana. Espiritualidad del Hno. Rafael’ (Madrid, 1992), ‘Eclesiología. La Iglesia, misterio de comunión y misión’ (Madrid, 1994), ‘El hermano Rafael, mártir de la vocación’ (Ávila, 1995), ‘Serán una sola carne. Estudio interdisciplinar sobre el matrimonio y la familia’ (Madrid, 1996), ‘La iglesia doméstica: sus fundamentos teológicos y su radicación en la Iglesia particular (Excepta ex disertatione ad Doctoratum) (Pontificia Universitas Gregoriana)’ (Roma, 1999), ‘La pasión de solo Dios: espiritualidad del Hno. Rafael’, Ed. Monte Carmelo (Burgos, 2000) e ‘Vivir bajo la mirada de la Trinidad. Espiritualidad de D. José Gurruchaga’ (Burgos, 2002). Publicou tamén numerosos artigos e colaboracións en ‘Revista de espiritualidad’, ‘Misión abierta’, ‘Lumieira’, ‘Religión y Cultura’, ‘Otero’, ‘Studium legionense’, ‘Surge’ e ‘Compostellanum’.

 Outros datos de interese

Ademais de castelán, fala italiano e le francés e inglés.