É licenciado en Medicina e Cirurxía (Universidade de Santiago de Compostela), licenciado en Estomatoloxía (Universidade de Madrid) e diplomado en Sanidade Nacional pola Escola Nacional de Sanidade. É médico de asistencia pública domiciliaria e médico de zona do Servicio Galego de Saúde. Foi xefe de Sanidade de Monforte de Lemos. É alcalde de Pantón (desde 1985) e presidente da Asociación "Ribeira Sacra Lucense" do plan "Leader".
Está casado e ten catro fillos.