Estudia Filosofía e Letras e faise mestre de escola dedicándose tamén ó periodismo. A súa vida transcorre practicamente toda na súa cidade natal e a paisaxe mariñeira estará moi presente nos seus versos. A pesar de ser unha das voces máis prometedoras da lírica galega, a súa corta vida non permitiu que nos deixase unha obra acabada e madura.
Comeza a súa actividade literaria coa publicación de dúas narracións cortas: Maliaxe (1922) e Os pobres de Deus (1925).Como poeta publicou en vida un único libro: Proel (1927). Postumamente, en 1928, apareceu O Galo.Luis Amado Carballo reflicte nos seus poemas a paisaxe da terra na que vive. Personifica o mundo rural atribuíndo calidades humanas á paisaxe. Na súa poesía mestura imaxes de influencia vangardista con metros e ritmos populares. Emprega formas sinxelas: verso de arte menos e rima asonante.En 1970 en Vigo editáronse as súas obras completas baixo o título Obras en prosa e verso.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1982.