José Luis Vázquez López


Lugar de Nacemento: Monforte de Lemos (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

A arte, cultura, investigación e universidade é a paixón deste galego e a todo isto está dedicado actualmente.

Consecuencia dunha importante preocupación persoal por Galicia, os seus artigos e reportaxes desde a arte, a cultura e co interese en apoiar a distintos artistas galegos desde o recoñecemento ao seu labor, servíronlle o premio á crítica de arte “Julio Argüelles” no ano 2006, concedido pola SAF.

Crítico de arte da Asociación Española con sede en Madrid, da Galega con sede en Santiago de Compostela e da Internacional con sede en París.

Pertence á Unión de Xornalistas, especializado en Historia da Arte, escribe fundamentalmente sobre arte, cultura e actualidade universitaria. Publicou numerosos artigos e reportaxes na prensa e distintas revistas.

Os seus antecedentes profesionais na mar como oficial, tamén o dotan de amplos coñecementos náuticos, así como de pesca e mariña mercante.

A súa gran experiencia en protocolo valeulle para presentar e programar actos de gran relevo en Vigo e Pontevedra.

Actualmente é Vicepresidente de Relaciones Institucionais de “Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo”, con responsabilidade da asociación no campus de Pontevedra.

Director da revista “Tres Campus”, de importante tirada actualmente a todas as universidades españolas e doutros países.

Creou unha importante revista “INVESTIGACIÓN”, onde os investigadores presentan os seus manuscritos sobre as distintas ramas da ciencia ou a tecnoloxía, para a súa divulgación, sendo apoiada polo Consello Social da Universidade de Vigo. Adquiriu un gran prestixio en toda España e distribúese desde Vigo cunha importante tirada a centros de investigación, laboratorios, universidades, bibliotecas, institucións...

 

ANTERIORES NOMEAMENTOS:

· Delegado revista “ARTE”.

· Director de Centro de Estudos en Vigo e Pontevedra.

· Director de Cultura Editora en Vigo.

· Delegado e correspondente da revista “CD” Círculo de Dirixentes.

· Delegado e correspondente da revista “Arte Galicia Siglo XXI”.

· Colaborador do “Atlántico Diario”.

· Presidente da editora ICCT e editor-director da revista “INVESTIGACIÓN”.

· Vicepresidente de Relacións Institucionais para os tres campus de Vigo-Ourense e Pontevedra (A.A.A. Universidade de Vigo).

 

NOMEAMENTOS ACTUAIS:

Presidente do Instituto de Cultura, Ciencia e Tecnoloxía (ICCT).

Vicepresidente- Relacións Institucionais “Alumni Universidad de Vigo”.

Patrono da Fundación “Escultor Pedro Dobao”.

Director e fundador da revista científica “Investigación”.

Director da revista universitaria “Tres Campus”.

Corresponsal de distintas revistas.

 

PARTICIPACIÓNS:

· Decembro 2002.- É designado polo concelleiro do Concello de Vigo (entre outras persoas do mundo da arte de distintas partes de España), para participar nunhas xornadas denominadas “Vigo, un espacio para la cultura contemporánea, no século XXI”, no que se trataba a garantía de autonomía da xestión do futuro Museo de Arte Contemporánea de Vigo, que estaba en fase de construción.

· Novembro 2001.- Tomou parte no curso “Conceptos para entender el Arte Contemporánea”, organizado pola Fundación Laxeiro en Vigo.

 

ALGUNHAS DAS CONFERENCIAS E ACTOS PÚBLICOS:

Desde agosto de 2001 participou en máis dun cento de actos públicos: conferencias, exposicións, fins de curso da Escola de Artes e Oficios de Vigo, críticas de arte, presentacións, etc. en distintos lugares de Ourense, Pontevedra, Vigo e Portugal.

 

CRÍTICO DE ARTE:

-2001. Ingresou na Asociación Galega de Críticos de Arte (AGCA).

-2002. Ingresou na Asociación Española de Críticos de Arte (AECA).

-2006. Pasa a formar parte da Unión de Xornalistas.

-2008. Pasa a forma parte da A. Internacional de Críticos de Arte (AICA), con sede en París.

 Obras realizadas

PUBLICACIÓNS:
Libros:
-“Vigo y las Ciencias del Mar”. XI Encuentro de “Antiguos Alumnos y Amigos de las Universidades Españolas”, por José Luis Vázquez López e J. Mª. Franco García, Consello Social da Universidade de Vigo, 2008.
-“Pedro Dobao”. Trabajo de introducción en la publicación con el título “Inspiración sin límite en el concepto del espacio”, Deputación de Pontevedra.
 
Revistas:
-Revista CD (Círculo de Dirixentes). Tirada mensual e nacional. Delegado e correspondente. Con publicación de artigos e reportaxes de cultura.
-Revista “Arte”. Trimestral e Comunidade Autónoma. Correspondente. Artigos de arte.
-Revista “Arte Galicia siglo XXI”.- Trimestral, publicación internacional. Delegado e correspondente. Artigos e reportaxes de arte.
-Revista “Aturuxo”. Anual. Artigos de arte e cultura.
-Revista “Zona Urbana” de Vigo. Mensual. Distintos artigos.
-Revista “Foro”. Club Financeiro de Vigo. Artigo.
-Revista universitaria “Tres Campus”. Director. Trimestral. Artigos de cultura e universidade.
-Revista “INVESTIGACIÓN”. Cultura, Ciencia e Tecnoloxía. Editor e director da publicación. É creador da mesma e distribúea a todo o territorio nacional e outros países. Está en posesión do ISSN. Ten o apoio do Consello Social da Universidade de Vigo.
 
Xornais diarios:
Xornal “Diario Atlántico”, do sur de Galicia, participou cun apartado temporal Baixo o título “Minuto cultural”.
 
Catálogos de arte:
-Traballou no catálogo editado pola Deputación de Pontevedra, como autor de “Proceso técnico y escultura de Pedro Dobao”. Departamento Bibliográfico da Biblioteca Nacional.
- Traballou no catálogo editado pola Deputación Provincial de Cuenca, como autor de “Técnica Mixta de Vanguardia”.
-Introdución ao catálogo “Creatividad, técnica y arte” –Obra de Ambel”, Colexio de Avogados de Valencia.
- Traballou no catálogo editado polo Concello de Vigo “Pedro Dobao. De Valdeorras a Vigo”. A crítica de arte foi denominada “Arte na escultura”.
- Traballou no catálogo editado pola Deputación de Pontedra “Vigo Metrópolis”, no que preparou un estudo sobre “Reflejos de Vigo. Arte de Ambel”.
 
Reportaxe de investigación:

Traballo titulado “La Isla de León y el Panteón de Marinos Ilustres”.

 Outros datos de interese

DISTINCIÓNS:
PREMIO - CRÍTICA DE ARTE “JULIO ARGÜELLES” 2006 - , que outorga a SAF en Galicia a nivel nacional. Entregada placa en febreiro de Dito ano  no Parador de Turismo de Ferrol (A Coruña) polo Dr. Díaz-Casteleiro Romero, presidente da Sociedade Artística nun importante acto, con asistencia de gran cantidade de público. ESTÁ EN POSESIÓN DE DÚAS CONDECORACIÓNS AO MÉRITO NAVAL. Fóronlle concedidas en 1996 e 1999.
É CABALEIRO DA ORDE DE SAN HERMENEXILDO desde 1996.
 
FIGURA NA FICHA TÉCNICA DA PUBLICACIÓN NACIONAL:
Diccionario de Arte Contemporáneo de España. Agenda Lápiz. Dentro da Sección como Crítico de arte –pág.81.