Médico, Neumólogo, Profesor da EUE de Ourense da Universidade de Vigo. Delegado da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Ourense. Director Xeral do Maior e Persoas con discapacidade da Xunta de Galicia. Deputado en Cortes Xerais do Reino de España VIII Legislatura. Cantautor. Letrista. Fotógrafo. Escritor. Membro fundador da Asociación de Artistas Plásticos de Ourense (1979). De 1973 a 1975 múltiples concertos con cantautores de Voces Ceibes e do Movemento Popular da Canción Galega Vogal Fundador da Fundación Carlos Velo. Colaborador habitual da Revista "Nós, xente do redor". Vogal da Xunta Directiva do Liceo de Ourense. Xuiz honorario do Couto Mixto (2022). Iniciador e defensor da idea “Fado minhoto” e “Fado do norte”.
En 1999 con 13 autores máis, idea e leva adiante o libro de contos “31-XII-1999, 11:30 pm” como un xogo e traballo de investigación dunha experiencia literaria. É autor do libro de poesía "Escolma imposible (e incorrecta)" en 2019; Andrea (novela) publicada en 2022 co pseudónimo de A. Forrobodó; La Mansión. El Lobero Irlandés (Novela erótica) publicada en 2022, tamén co pseudónimo de A. Forrobodó. Layton (novela) publicada en 2022. “A caixa do correo de Carlos Velo” traballo de investigación, con Laura Gardos en 2022. Participa en Colectânea de Poesía Luso-Galaica 2022 “Caminhos da Poesía 2” e na Colectânea 2022 Literatura e Artes “Abraço de Culturas”. Participación no “IV certamen SEPAR de relato breve sobre salud respiratoria” 2022 e no libro “Poetas na Cociña III” 2022. Triloxía “Pazos na Azotea” 2023. “Historia de Encantar” coetánea luso galaica 2023. Esperanza, Paz e Liberdade Coetánea luso Galaica 2023 en Elvas Portugal. Colabora con Miguel Mosquera no Proxecto Incendios 2017-2020, na Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa dixital en Artes, Ribeira 2022 e na Fundación Laxeiro de Vigo. Colaboración con José Manuel Lage Parente na Fundación do Museo do Médico Rural. Colaborador habitual da revista “Nós, Xente do Redor. Publica, con María do Ceo, máis de 40 cancións nos álbumes “No bico un cantar” 2008, “Celme encantado” 2010, “Fado con outro acento” 2011, “Soños cumpridos” 2014, “Años después” 2015, “De Portugal a Galicia, Fado” 2016, “Cancións para nenas e nenos” 2017, “A fadista” 2019 e“Galicia nai” 2022. Tamén con María do Ceo, crea a banda sonora das películas “Años después” de Laura Gardos, e “Castelao, de chumbo a verba” de Miguel López.
En elaboración: Libro “Contos tontos para nenos listos”. Contos de Nadal, coétanea con escritores galegos e portugueses. Coetánea de Poetas do Ribeiro.