Licho foi un brillante e bo estudante de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela; un combativo estudante do sector libertario-anarquista a favor das liberdades e contra a ditadura franquista, polo que se viu duramente represaliado, e foi tamén un vitalista, brillante, apaixonado, moi orixinal, creativo músico (gaita, ocarina, flauta, tambor, etc.), poeta-rapsoda filosófico, trobador - cantor ao amor namorado, á beleza e ao xogo romántico, trobadoresco, cabaleiresco (como bo Fidalgo-Cabaleiro Español) e galante do cortexo amoroso cara a elas e sempre risoño, con sabia, xoguetona e irónica alegría e que sabía facela contaxiosa. Era un creador que se asomaba e fascinaba, como os nenos, das súas creación, descubrimentos.
Médico (exerceu como médico en diferentes concellos e institucións galegas: vilas, balnearios, empresas, residencias de terceira idade, etc.) e doutor pola Universidade de Santiago de Compostela, catedrático de tecnoloxía sanitaria de Formación Profesional-Segunda Ensinanza (primeiro, sacou o número dous na oposición en Madrid a profesor agregado de Formación Profesional e, despois, polos seus méritos fíxose catedrático), profesor do master de xerontoloxía-xeriatría da Universidade de Santiago de Compostela e tamén do seu Cuarto Ciclo; organizador de Congresos e Xornadas de Innovación Educativa sobre saúde e sociedade, nos que participaron grandes pensadores como Agustín García Calvo, investigadores, expertos, profesionais, responsables públicos e privados, e tamén os seus alumnos (cos seus traballos de investigación, bibliográficos, de campo, etc. O que era absolutamente insólito no campo da Formación Profesional, Secundaria); membro da Sociedade Galega de Medicina Interna, da Sociedade Española de Hidroloxía, do grupo de investigación do Instituto Xerontolóxico Galego e da Sociedade Española de Médicos de Residencias (SEMER); poeta, músico (tocaba a gaita, a ocarina, a frauta, o tambor, etc, no que se formou de maneira autodidacta); autor da Muiñeira das Gaivotas-Muiñeira para Novoneyra, en honor do Gran Poeta do Caurel Uxío Novoneyra e doutras composicións como: Cantiga de Jaruleiro; Trobeirana de Gerardo Fernández Albor (amigo de Licho e co que mantiña un regular contacto desde hai tempo); Trobeirana dos Papas Juan Pablo II e Benedicto XVI; Trobeirana de Muxía; Trobeirana de Escoain (no Pirineo aragonés, onde Licho viviu de neno xunto á súa querida nai mestra, que fora trasladada á escola de Escoain. Licho, non hai moito, acudiu a Escoain para celebrar unha festa, que el organizou, cos seus antigos compañeiros de escola, polo que compuxo a Trobeirana de Escoain e do que se fixeron eco os medios de comunicación aragoneses da zona); Trobeirana de Agustín García Calvo; etc.; artista; conferenciante; autor, entre outros traballos, de libros de xeriatría-xerontoloxía, da adaptación para teatro, poesía e música do libro Isla Cofre Mítico do escritor, músico, profesor e artista galego Eugenio Granell (na súa Fundación, a Fundación Granell, no Pazo de Bendaña, na Praza do Toural de Santiago de Compostela, Licho, con motivo da lectura da obra de Granell, fixo unha gran representación poético-filosófica-musical-teatral, creada por el e con varios personaxes), etc.
Gran seguidor e discípulo de Agustín García Calvo e doutros grandes pensadores, autores como os presocráticos, Shakespeare, Jorge Manrique, Miguel de Cervantes, Calderón de la Barca, Hölderlin, Heidegger, Antonio Machado, Rosalía de Castro, Uxio Novoneyra... pero tamén de teólogos-filósofos como San Agustín, el Papa Ratzinger, etc. De Agustín García Calvo, chegaría a facerse gran amigo, cando acudiu a Santiago de Compostela, en numerosas ocasións, a dar moi famosas conferencias (con gran asistencia de toda Galicia, fortes e moi xugosos debates, e que chegaron a durar varias horas na Aula A con máis de 500 asistentes, xentes polos pasillos, o estrado...) na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela, invitado polo seu gran amigo (de Licho e Agustín) o profesor de socioloxía de dito centro o asturgalaico Miguel Cancio de Vegadeo, e ao que, despois, a Agustín García Calvo, invitaban á moi famosa Casa de Comidas de Santiago de Compostela fundada en 1873, o Restaurante El Asesino da Praza da Universidade (co que Licho e, antes, a súa familia, estaban moi vinculados, con Maruja Neyra e as súas irmás, cuxa familia creou esta recoñecida casa de comidas), onde, en torno a el, a Agustín, celebraban charlas, cantaban, recitaban poesías, etc. Ao gran e moi discutido sabio español Agustín García Calvo, falecido aos 86 anos o 1 de novembro de 2012 en Zamora, Licho, no Ciclo de Conferencias do curso 2012-2013, na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, organizado polo profesor de Socioloxía económica en dito centro, dedicoulle, a el e a Uxío Novoneyra, unha excelente conferencia con música, poesía, canto, filosofía, ciencia, etc. Sería a súa última e moi brillante conferencia (de Licho, do profesor Mari Solera), pois, ao pouco tempo, descubriríaselle a moi grave enfermidade que o levou.
Sobre xeriatría-xerontoloxía, o profesor Mari Solera interveu en diferentes reunións científicas e profesionais, e en cursos de verán da Universidade de Santiago de Compostela, etc. Participou, como brillante conferenciante entre outros lugares: nos Ciclos de Conferencias-coloquio, Relatorios e Debates que o profesor de socioloxía Miguel Cancio organizou, cada curso universitario e ao longo de corenta anos, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela e na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, onde o profesor Mari Solera foi valorado polos alumnos do profesor Cancio como un dos mellores conferenciantes, importantes expertos, personalidades de Galicia, España e outras nación que participaron en ditos ciclos; no Programa de saúde pública do Centro de Saúde de Vite (Santiago de Compostela): “Envejecimiento activo y saludable-Cuidar a los Cuidadores”, no que veñen colaborando diversos profesionais da saúde, a psicoloxía, a fisioterapia, o traballo social, a enfermaría, a animación sociocultural, ol Coaching, a sexoloxía, a socioloxía, a economía, etc., que dirixe, con gran éxito, a graduada en traballo social-profesional de dito centro Isabel Redondo Zambrano e que, ao longo de sete anos e debido aos seus excelentes resultados cerca dos veciños asistentes ao mesmo ampliouse a outros centros de Galicia e estase a estudar o seu lanzamento en España e outras nación, dada a súa moi importante rendibilidade socioeconómica, humanista, convivencial, de integración social, de apoio aos que máis sofren, aos máis dependentes e as súas familias, etc.; de moi importante rendibilidade socioeconómica, humanista, etc. no campo da saúde e a asistencia social.
Unha das últimas creación de José Luis Mari Solera Licho foi a súa obra interdisciplinaria Jaruleiro; obra artística, cultural, poética, filosófica, musical, etc.; un auto lichosacramental sobre o Apóstolo e o Camiño de Santiago, e que inclúe unha xoia Jaruleiro (de prata e acibeche) que foi admitida para ser exposta no Museo da Catedral de Santiago de Compostela.
José Luís Mari Solera, xunto ao profesor Miguel Cancio, ambos crearon: a Coordinadora For Uxío Novoneyra O Gran Poeta do Courel Forever and Ever And Ever (para difundir a obra poética deste gran poeta galego, español e universal, e do que Licho, segundo a esposa de Novoneyra, Elba, foi o mellor recitador e era un gran admirador); o programa semanal Trobeiros de Compostela de Correo Televisión-Grupo Correo Gallego de Santiago de Compostela (ao que, despois, incorporaron ao xornalista radiofónico galego máis popular e con máis de 50 anos de profesión, Luis Rial), que leva en antena sete anos e con gran éxito de audiencia, repercusión na rúa, invitacións, distincións varias, etc... Licho interveu en Trobeiros de Compostela (programa televisivo que se pode ver, en todo o mundo, por Youtube e tamén por medio de Googel), por última vez, o Día dos Namorados, o venres 14-02-14, onde lle recitou e cantou, xunto á invitada a Sra. Doctora en historia María Nieves Olmedillas viúva do avogado e escritor galego Tomás Antón Pereiras, ao amor namorado, unha das súas moitas aportacións poéticomusicais-filosóficas-teatrais-jarueleiras-lichosacramentais.
Licho, vítima dun cancro de páncreas con metástase, morreu en Santiago de Compostela, no Hospital Gil Casares, tras 10 meses de loita, con gran forza, enteireza, servizo cara aos demais e motivación ata o final, contra esta moi grave enfermidade. O sábado 15 de febreiro de 2014, tres días antes de morrer e contando coa súa activa presenza, tributóuselle unha gran e emotiva homenaxe, con gran asistencia de numerosos amigos seus, provintes de toda Galicia, no restaurante El Quijote de Santiago de Compostela, onde se recitaron e cantaron as súas poesías e cancións.