É enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid, diplomado no Curso de Directivos ESADE e realizou dous cursos de Doutoramento na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes. Foi profesor de Medio Ambiente nas Universidades de Santiago, Vigo, Madrid (Complutense) e na Internacional ?Menéndez Pelayo?, entre outras. Desempeñou diversos cargos no Instituto para a Conservación da Natureza (ICONA) (Teruel e Galicia) e entre febreiro de 1990 e xuño de 1996 foi director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural na Xunta de Galicia, o que compaxinou cos postos de conselleiro da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, Hunosa e Inespal. En xuño de 1996 é nomeado director xeral de Conservación da Natureza do Ministerio de Medio Ambiente e vicepresidente do Organismo Autónomo de Parques Nacionais. Un ano despois, en 1997, regresa á Xunta de Galicia como conselleiro de Medio Ambiente.
Publicou relatorios sobre Medio Ambiente, Montes, Incendios Forestais, Caza e Pesca Fluvial.