José García Rodríguez


Categoría: Músico
Data de Nacemento: 20 de febreiro de 1906
 Currículum

Xa desde neno amosou a súa vocación pola música. Con doce anos entrou a formar parte do Orfeón Galego e con catorce comezou a toca-la trompeta na banda municipal de Lugo. En 1923 marchou a Bos Aires, onde estudiou violín. En 1931 regresou a Lugo e incorporouse ó Orfeón "Rocho Musical". Ademais, dirixiu o coro "Frores e silveiras" (1940), a rolda "Educación y descanso" (1944) e o coro "Cántigas e frores" (1948-1964). En 1965 foi nomeado asesor musical do colexio menor "Eijo Garay" e en 1975 comezou a dirixi-lo coro "Xolda".

 Outros datos de interese

Desempeñou varios cargos na Sociedade Filarmónica Lucense.