Traballou como axudante de montes en Valencia, Madrid e na Coruña, a onde chegou nos anos 50.
A súa vocación era o cine. Xa en 1935 rodara Las ninfas de la charca e ó ano seguinte El viejo parque del oeste. Durante a Guerra Civil española combateu co exército nacional e filmou dúas películas: Un frente en calma e Banderas victoriosas. Outras obras súas son: Dos versiones del mar, Sever Odnum (Mundo la revés), El Jurado, Al Nasr Altair, El festival, Bosques de Galicia, Os Suevos, Nuestros prados, nuestros montes, El cine amateur, Nosferatu, Metrópolis e Sangre y Arena. Tamén participou nas películas galegas Illa, O herdeiro, O pai de Migueliño e Fendetestas.
Foi o primeiro presidente da Asociación de cine de Galicia e xurado de moitos festivais. Foi galardoado coa Palma de Ouro no Festival de Cannes e coas medallas de ouro dos festivais de Estoril e Dvronik.