José Domingo Pedreira Andrade


Categoría: Médico, profesor e escritor
Data de Nacemento: 2 de marzo de 1946
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

-Licenciado en Medicina en 1969 pola Universidade de Santiago. -Doutor en Medicina, Univ. Autónoma de Barcelona en 1975. -Especialista en Medicina Interna en 1974, Hospital do Valle Hebrón de Barcelona. -Médico Adxunto de Medicina Interna hasta 1982, Hospital Valle Hebrón, Barna. -Desde 1982, Xefe do Servicio de Medicina Interna no Hospital Juan Canalejo da Coruña. -Desde 1995, Catedrático da Escola Universitaria de Medicina da Univ. da Coruña. -Coordinador de SIDA (Unidade de Sida) do Hospital. Juan Canalejo. -Membro do Consello Asesor Clínico do Plan Nacional da Sida do Ministerio de Sanidade e Consumo. -Membro do Comité de Redacción de varias revistas nacionais de Medicina Interna. -Redactor e membro do Consello Editorial do Pub of SEISIDA. -Vicepresidente do Comité organizador do Congreso Nacional da Sida. A Coruña, 1995. -Socio fundador, secretario e Presidente 1997-98) da Sociedade Galega de Medicina Interna. -Fundador e primeiro Presidente da Sociedade Galega da Sida, desde 1998. -Premio Barrié da Maza da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, polo estudio "El Sida en Galicia" no ano 1994.

 Obras realizadas

-Interveu en catro libros relacionados coa infección por VIH. Máis de 200 publicacións e de 500 comunicacións nacionais e internacionais, sobre todo en relación coa Sida e as Hepatites virais. -Pioneiro en España dos estudios sobre Hepatite B (subtipos e antíxeno e) e Hepatite A (Epidemioloxía na década dos 70 e inicio dos 80). -Fundador e Coordinador dos estudios da Sida no H. Juan Canalejo e en Galicia desde o ano 1984. Participou en múltiples ensaios clínicos internacionais de Sida e hepatite, sobre todo en relación coa terapéutica destes procesos. -Dirixiu dez teses doutorais en relación cos virus da hepatite e a Sida. Na súa unidade desenvolven distintas liñas de investigación, fundamentalmente relacionadas coa epidemioloxía, o tratamento das enfermidades oportunista e a infección por VIH.

 Outros datos de interese

-Pertence a Sociedades Europeas da Sida e Hepatite e á sociedade Internacional da Sida. -Conferenciante en hepatite e Sida en máis de 200 ocasións e director de máis de 10 cursos relacionados coa infección polo virus de inmunodeficiencia humana. -Pertence á Sociedade Española de Médicos Escritores desde 1973. Dispón dunha biblioteca particular de 15000 volumes sobre todo de cinematografía.